Gallego

XIX Edición do Foro Galego de Igualdade

Summary: 

XIX edición do Foro Galego de Educación en Igualdade. Ferramentas e experiencias educativas para a prevención da violencia de xénero.
Gallego

G1714004  XIX Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2017-2018 

Terá lugar na EGAP o venres 6 e o sábado 7 de abril de 2018 en horario de 16.00 a 19.30 e de 10.00 a 19.30 respectivamente.

Esta actividade terá unha certificación de 12 horas de formación.

Máis información en http://igualdade.xunta.gal/gl

XIX Foro galego de educación en igualdade
XIX Foro galego de educación en igualdade

Xornadas de Educación Inclusiva 2017 2018

Gallego

Actividade dirixida ao profesorado de todas as etapas educativas que ten por obxecto sensibilizar e afondar no coñecemento da transformación cara a unha escola inclusiva, na que o maior valor da diversidade é que é a propia diferenza a que nos fai iguais.
Convértese esta xornada nun espazo de inclusión no que teñen cabida as entidades sen ánimo de lucro que colaboran na educación do noso alumnado, e no que se dá visibilidade a proxectos inclusivos tanto da nosa comunidade autónoma coma doutras do territorio nacional. Destácanse os valores de esforzo, superación e o reto que supón a educación para as persoas que presentan necesidades específicas de apoio educativo.

Data de inicio: 17 de marzo

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia. Salón de convencións. Edificio CINC. Santiago de Compostela

Número de horas: 8

Para máis información premer na ligazón.

Educación Inclusiva
Educación inclusiva

S1703003 A educación a debate

Summary: 

Deberes escolares
Gallego

O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 a 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade S1703003 A educación a debate, que se desenvolverá ao longo de todo o curso tratando temáticas de interese para toda a comunidade educativa.

Esta é unha actividade na que se pretende que, conxuntamente, familias e profesorado reflexionemos sobre diversos temas de interese común.

Nesta primeira sesión abordaremos o tema dos deberes esolares.

En formato de mesa redonda, debaterán sobre este tema, xunto co público presente:

- Natalia Suárez Fernández e Isabel Piñeiro Aguín, profesoras de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade da Coruña que presentarán o Informe sobre os deberes escolares (premendo aquí podes descargar o informe) elaborado por esta institución;
- Fernando Laccaci en representación da Confederación de Anpas Galegas;
- Francisco Sánchez Ávila, director do CEIP Camiño Inglés (Oroso)
- Víctor M. Santidrián Arias, director do IES de Milladoiro (Ames).

Quedades todos convidados.

 

Premendo neste enlace teredes máis información.

A educación a debate
A educación a debate

G1602043: Retos da convivencia escolar na era de Internet

Summary: 

Actividade dirixida a ampliar a competencia profesional do profesorado na detección, tratamento e intervención no acoso e ciberacoso, e a aportación de claves de intervención nos centros que poidan camiñar cara á construción dunha convivencia positiva neste momento no que a Rede cobra unha grande relevancia social.
Gallego

Día  20 de Maio

Lugar: EGAP. Escola Galega de Administración Pública. Santiago de Compostela

Horario de 09:30 a 19:30 horas

Enlace á preinscrición en fprofe

 

convivencia escolar
convivencia escolar

Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017

Summary: 

Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.
Gallego

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2016/17.

O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.

Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Concederase un premio ao mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI, consistente nunha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do PFPP no curso 2017/18.

Tamén se concederá unha mención especial ao mellor proxecto de formación de entre os premiados, consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.

O prazo para presentarse remata o 10 de xullo de 2017.

Para máis información, clica aquí.

Premios PFPP2017
Premios PFPP2017

G1601108 O profesorado como axente de saúde. Prevención do tabaquismo na escola. Plan Proxecta

Summary: 

Curso de formación de modalide mixta
Gallego

Modalidade: Mixta (presencial e na Rede)

Temporalización:  24/04/2017-09/05/2017

Data límite de inscrición: 27/03/2017

Prazas:  20
Horas: 20 h (12 horas presenciais e 8 na Rede)

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Obxectivos:

1.Mellorar os coñecementos do profesorado sobre os condicionantes do inicio e mantemento do consumo de tabaco.

2.Sensibilizar os docentes na prevención de factores de risco desde o ámbito educativo dando a coñecer as actividades e proxectos de prevención do tabaquismo que están realizándose na actualidade.

3.Facilitar información para fomentar a implicación das familias xunto co centro, para a adquisición de hábitos de vida saudable.

Contidos:

1.Conceptos básicos en tabaquismo.

2.Por que se fuma? Factores condicionantes do inicio e do mantemento .

3.Función modélica dos pais, profesores e outros axentes sociais. Que podemos facer dende o centro educativo?

4.Como abordar o consumo de tabaco e doutras adiccións na nosa mocidade?

5.Role-playing sobre o manexo de grupos nestas materias.

6.Fase non presencial:

   6.1.Historia do tabaquismo.

   6.2.Epidemioloxía do tabaquismo.

   6.3.O tabaco como problema de saúde. Situación actual en Galicia.

   6.4.Tabaquismo pasivo.

   6.5.A normativa vixente en tabaco: lexislación no ámbito educativo.

   6.6.A publicidade dirixida á xuventude.

   6.7.Principais características dos programas de prevención universal: programas preventivos avaliados no ámbito escolar. Clase sen Fume? programa de maior implantación en España e en Europa.

tabaquismo
tabaquismo

Instrumentos e estratexias para a detección do abandono escolar temperán

Gallego

Podes acceder á aula virtual do proxecto facendo clic na seguinte ligazón: All Aboard

All Aboard
All Aboard

Aprender a convivir

Summary: 

Nelida Zaitegi no Rego da Balsa o luns 21 de novembro.
Gallego

Conferencia de Nélida Zaitegi o luns 21 de novembro ás 18:00 na biblioteca Rego da Balsa en Carballo, como parte dos proxectos de formación do profesorado do CEIP Canosa Rus e CPI Alcalde Xosé Pichel.
Disertará sobre a necesidade de mellorar a convivencia na escola e a súa influencia nos resultados académicos.

Nélida Zaitegi
Nélida Zaitegi

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros