Xornadas de Educación Inclusiva 2017 2018

Ven, 02/03/2018 - 11:11
Educación Inclusiva
Educación inclusiva

Actividade dirixida ao profesorado de todas as etapas educativas que ten por obxecto sensibilizar e afondar no coñecemento da transformación cara a unha escola inclusiva, na que o maior valor da diversidade é que é a propia diferenza a que nos fai iguais.
Convértese esta xornada nun espazo de inclusión no que teñen cabida as entidades sen ánimo de lucro que colaboran na educación do noso alumnado, e no que se dá visibilidade a proxectos inclusivos tanto da nosa comunidade autónoma coma doutras do territorio nacional. Destácanse os valores de esforzo, superación e o reto que supón a educación para as persoas que presentan necesidades específicas de apoio educativo.

Data de inicio: 17 de marzo

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia. Salón de convencións. Edificio CINC. Santiago de Compostela

Número de horas: 8

Para máis información premer na ligazón.