Gallego

G2002012 - Xornada de formación para especialistas na atención á diversidade e os servizos de orientación. Curso 2020-2021.

Summary: 

Aberto o prazo para a inscrición na G2002012 - Xornada de formación para especialistas na atención á diversidade e os servizos de orientación. Curso 2020-2021. Ata o 25 de maio. Non perdades a oportunidade.
Gallego

Data de comezo: 4 de xuño de 2021

Data de finzalización: 10 de xuño de 2021

Lugar de celebración: Videoconferencias Cisco Webex

Número de horas: 8h

 

Data: 

04/06/2021 - 10/06/2021

Lugar: 

Videoconferencias Cisco Webex

Sección: 

G2002012 - Xornada de formación para especialistas na atención á diversidade e os servizos de orientación. Curso 2020-2021.

Summary: 

Aberto o prazo para a inscrición na G2002012 - Xornada de formación para especialistas na atención á diversidade e os servizos de orientación. Curso 2020-2021. Ata o 25 de maio. Non perdades a oportunidade.
Gallego

Aberto o prazo para a inscrición na G2002012 - Xornada de formación para especialistas na atención á diversidade e os servizos de orientación. Curso 2020-2021. Ata o 25 de maio. Non perdades a oportunidade.

G2002012 - Xornada de formación para especialistas na atención á diversidade e os servizos de orientación. Curso 2020-2021.

O2002087 Formación de coordinación entre os equipos de orientación específicos e os departamentos de orientación

Summary: 

Curso para fomentar a coordinación entre os equipos de orientación específicos e os departamentos de orientación
Gallego

Modalidade: presencial a través de videoconferencia.

Horas presenciais: 8

Prazas: 30

Temporalización:  14/04/2021  -  05/05/2021

Horario: 

Data Horario Relator/a Título relatorio
14/04/2021 18:00-19:00

Laura Pérez Seara. Inspección educativa.

“O Equipo de Orientación Específico de Ourense”
14/04/2021 19:00-20:00

Miguel Nogueiras Mascareñas. Especialidade en trastornos de conduta

“O coidado do benestar emocional”
21/04/2021 18:00-20:00

Ramona Gómez Iglesias. Especialidade en altas capacidades

“A realidade das altas  capacidades en Ourense”
28/04/2021 18:00-19:00

Mª Jesús Mazaira Castro. Especialidade en audición e linguaxe

“A avaliación do alumnado con dificultades na linguaxe”
28/04/2021 19:00-20:00

Camilo Varela Blanco. Especialidade en Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

“A avaliación do alumnado con TEA”
05/05/2021 18:00-19:00

Pilar Novoa Carcacía. Especialidade en traballo social

“Propostas de intervención no traballo coas familias desde os Departamentos de Orientación”
05/05/2021 19:00-20:00

Jorge Pérez Diéguez. Especialidade en discapacidades sensoriais

“Discapacidades sensoriais: avaliación e intervención”

Obxectivos: 

  1. Potenciar a coordinación entre os departamentos de orientación e os equipos de orientación específicos.
  2. Analizar os modelos de orientación dos centros educativos.
  3. Compartir coñecemento e boas prácticas en orientación e atención á diversidade.

Contidos:

  1. A coordinación entre os equipos de orientación específicos e os departamentos de orientación.
  2. Modelos de orientación.
  3. Estratexias e recursos que reforzan a atención á diversidade.
  4. Boas prácticas en orientación e atención á diversidade.

Asesora responsable da actividade: Muñoz González, Rebeca (cfr.ourense.organizacionediversidade@edu.xunta.gal)

Materiais da actividade: www.edu.xunta.gal/centros/cfrourense/aulavirtual/course/view.php?id=679

Curso O2002087
Curso 02002087

Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Summary: 

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Gallego

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.

Formación aberta
Formación aberta

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales