Gallego

Escolas creativas, empresas innovadoras

Summary: 

Semana Mundial da Creatividade e a Innovación Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017
Gallego

A creatividade e a innovación son elementos que viñeron interactuando coa contorna empresarial desde hai moito tempo. A medida que os mercados se fan máis competitivos, ambos os elementos adquiriron cada vez maior protagonismo á hora de desenvolver vantaxes competitivas para as organizacións.
A creatividade é a capacidade que posúe un individuo para idear algo novo e orixinal, mentres que a innovación é a arte de converter as ideas en produtos, procesos e servizos novos e mellorados. Ambas son ferramentas diferentes e á súa vez complementarias, polo que resulta fundamental que as empresas promovan unha filosofía de xestión creativa e innovadora que lles permita desenvolverse tanto vertical como horizontalmente, logrando unha cadea de valor competitiva e diferenciadora.
Partindo desta premisa, habemos de ser conscientes de que unha das claves para dispoñer dun modelo produtivo innovador e competitivo reside na educación. No caso de España, para conseguir un cambio de modelo debemos abordar este aspecto desde a base, que non é outra que a educación dos mozos que pasado un tempo compoñerán a base da forza produtiva española.
Neste contexto, con motivo da Semana Mundial da Creatividade e Ia Innovación, APD e a Xunta de Galicia organizan a xornada Escolas creativas, empresas innovadoras, na que expertos do ámbito educativo e empresarial debaterán e poñerán sobre a mesa temas como a promoción da creatividade na contorna laboral co fin último da innovación empresarial, a necesidade dunha adaptación eficiente dos actuais estudantes ao mercado de traballo ou a importancia de promover a incorporación e práctica do pensamento creativo nas aulas de educación de Galicia, atendendo ás demandas do mundo empresarial e do novo contexto económico.
Esperámoste o próximo 20 de abril na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 

Escolas creativas, empresas innovadoras

Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Summary: 

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.
Gallego

 

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.

Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario no curso 2016/17, segundo as seguintes características:

  • Equipamento de robótica educativa
  • Placas de Comunicación  e Programación
  • Equipo de Impresión 3D

Categorías de participación

  • Categoría STEM junior (iniciación), para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Aconsellado para 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
  • Categoría STEM senior (afondamento), para proxectos máis complexos. Aconsellado para alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.

E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:

  • Desafío Robots: proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc.
  • Desafío Programación: proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación tipo Scratch .
  • Desafío Impresión 3D: proxecto tecnolóxico onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.

Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.

Premios:

Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador.  Cada centro poderá recibir un só premio.

O alumnado dos equipos gañadores recibirá un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos.

O docente titor de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

  • O prazo para presentar proxectos será antes do 21 de abril de 2017.
  • Amplíase o prazo para presentar proxectos ata o 31 de maio de 2017.

Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.

Resolución do 13 de marzo de 2017

Anexo da solicitude (odt)

Anexo da solicitude (doc)

 

 

 

Desafio STEM

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

CURSO PLATEGA: Crear e compartir recursos educativos abertos

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a vosa inscrición antes do 19 de setembro
Gallego

Título

Crear e compartir Recursos Educativos Abertos

Actividade precedente

Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning

Competencias profesionais

Membro dunha organización - Cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento.

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1601033
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  03/10/2016  -  09/12/2016 
Data límite de inscrición: 19/09/2016
Lugar: PLATEGA
Prazas:  50 
Observacións prazas: 
Consta de tres partes. Primeira:definirase un plan de traballo asociado ao desenvolvemento dalgún pequeno proxecto educativo. Segunda:maquetación das actividades propostas coas ferramenta eXeLearning. Terceira:transformación do traballo realizado por algún dos compañeiros. Os resultados deberán ser publicables na web. 

 

Crear e compartir recursos educativos abertos
Crear e compartir recursos educativos abertos

Relación definitiva coas puntuacións das persoas candidatas (Fase A e B) para a cobertura de prazas de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e CFR (2016)

Gallego

Relación definitiva do baremo (Fase A+ Fase B) para a cobertura de prazas de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e CFR, convocadas por Orde do 23 de xuño de 2016, e relación da asignación de prazas, así como daquelas declaradas desertas.

Colectivo: 

Relación provisional coas puntuacións das persoas candidatas correspondentes á Fase A do concurso (méritos + proxecto) para a cobertura de prazas de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e CFR...

Gallego

Relación provisional coas puntuacións das persoas candidatas correspondentes á Fase A do concurso (méritos + proxecto) para a cobertura de prazas de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e CFR, convocadas por Orde do 23 de xuño de 2016, e chamamento para a realización da fase B.

Colectivo: 

C1601001: Implementación dunha tenda virtual con software libre

Summary: 

Curso presencial do Plan Anual de Formación Profesional que se celebrará na Coruña do 7 ao 13 de setembro.
Gallego

Referencia: C1601001

Temporalización: 07/09/2016 - 13/09/2016

Data límite de inscrición na fprofe: 19/08/2016

Lugar de celebración: CFR A Coruña

Horas: 25 (de 09:00 a 14:00 horas)

Destinatarios:

 Ciclos formativos  Comercio e márketing  Ciclos formativos de grao medio  Ciclos formativos de grao superior

Corpos e especialidades:

511110 - Catedráticos de ensino secundario. Organización e xestión comercial 590110 - Profesores de ensino secundario. Organización e xestión comercial 591221 - Profesores técnicos de formación profesional. Procesos comerciais

Obxectivos

1. Crear unha tenda on line coa axuda de Prestashop

2. Xestionar e supervisar unha tenda on line con Prestashop

3. Empregar a ferramenta para aproveitar Internet como canal de venda.

Contidos

1. Instalación da aplicación.

2. Configuración e personalización.

3. Xestión de pedidos e clientes.

4. Ferramentas de márketing e promoción.

Programa

C1601001: Implementación dunha tenda virtual con software libre

Convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e dos centros de formación e recursos

Gallego

Xúntase a Resolución do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

  • O prazo de presentación de instancias é desde o día 30 de xuño ata o 9 de xullo de 2016.

Colectivo: 

CURSO MECD "Convivencia Escolar: Prevención e Intervención"

Summary: 

Desde o pasado día 15 de xuño o prazo de inscrición está aberto para a 2ª edición dos cursos de formación en rede 2016
Gallego

Desde o pasado día 15 de xuño o prazo de inscrición está aberto para a 2ª edición dos cursos de formación en rede 2016

Gustaríanos animaros a participar no novo curso que se incorporou ao catálogo formativo: "Convivencia Escolar: Prevención e Intervención" 

Este curso enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar promovido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do CNIIE.

Ofértanse 385 prazas. Os participantes que superen o curso recibirán unha certificación do MECD correspondente a 70 horas de formación permanente do profesorado.

Toda a información relativa a esta convocatoria está publicada na páxina web do Ministerio de Educación, así como o acceso ao servicio en liña da Sede Electrónica do Ministerio desde onde se poderá realizar a inscrición. O prazo termina o próximo 29 de xuño.

Convivencia Escolar: Prevención e Intervención
Convivencia Escolar: Prevención e Intervención

CURSO MECD: "Convivencia Escolar: Prevención e Intervención"

Summary: 

Desde o pasado día 15 de xuño o prazo de inscrición está aberto para a 2ª edición dos cursos de formación en rede 2016
Undefined

Desde o pasado día 15 de xuño o prazo de inscrición está aberto para a 2ª edición dos cursos de formación en rede 2016

Gustaríanos animaros a participar no novo curso que se incorporou ao catálogo formativo: "Convivencia Escolar: Prevención e Intervención" 

Este curso enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar promovido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do CNIIE.

Ofértanse 385 prazas. Os participantes que superen o curso recibirán unha certificación do MECD correspondente a 70 horas de formación permanente do profesorado.

Toda a información relativa a esta convocatoria está publicada na páxina web do Ministerio de Educación, así como o acceso ao servicio en liña da Sede Electrónica do Ministerio desde onde se poderá realizar a inscrición. O prazo termina o próximo 29 de xuño.

Convivencia Escolar: Prevención e Intervención
Convivencia Escolar: Prevención e Intervención