Gallego

Técnicas de instrumentación con orquestra escolar

Summary: 

Ampliada a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, bacharelato).
Gallego

Ampliada ata o 1 de outubro a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, Bacharelato).

Este curso pretende axudar ao profesorado na utilización da orquestra escolar mediante a elaboración e edición de arranxos musicais e outros recursos (improvisación, contos musicais, contos mimables...) dirixidos á aprendizaxe do maior número de contidos a través da práctica instrumental e vocal.

Os datos do curso son os seguintes:

  • Data de comezo: 16 de outubro
  • Data de finalización: 27 de novembro
  • Horas: 30 horas
  • Prazas: 50
  • Inscrición: Ata o 1 de outubro en Fprofe
  • Plataforma de celebración: Platega2

 

 

Instrumentación con orquestra escolar
Instrumentación con orquestra escolar

OBSERVA_ACCIÓN Programa de Innovación educativa

Summary: 

Aberto o prazo de solicitude para participar no Programa de Innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN"
Gallego

O programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais" desenvolverase ao longo de 2 cursos coa finalidade de fomentar o desenvolvemento profesional en base ao Marco de Competencias Profesionais Docentes tanto na nosa comunidade como no marco do acordo interterritorial de colaboración coa comunidade de Castela e León.

  • Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución.

Para máis información pode dirixirse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación: Teléfono 981522411 ou no correo electrónico cafi@edu.xunta.es

OBSERVA_ACCION
OBSERVA_ACCION

P1602026 - Introdución ao manexo da impresora León 3D

Summary: 

1.Coñecer e manexar e axustar a impresora León 3D. Dominar as posibilidades do deseño e a impresión 3D no entorno educativo. Explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM
Gallego
 
 

Data de inicio: 14/05/2017

Data de fin: 20/06/2017

CFR de Pontevedra

8h

Aula virtual

.

Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017

Summary: 

Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.
Gallego

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2016/17.

O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.

Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Concederase un premio ao mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI, consistente nunha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do PFPP no curso 2017/18.

Tamén se concederá unha mención especial ao mellor proxecto de formación de entre os premiados, consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.

O prazo para presentarse remata o 10 de xullo de 2017.

Para máis información, clica aquí.

Premios PFPP2017
Premios PFPP2017