Skip to Content

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 22-23

Programacións didácticas  dos ciclos formativos e cursos pares de ESO e bacharelato

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2022

Estimada comunidade educativa:

 

 No día de hoxe quedan convocadas as eleccións 2022 para a renovación parcial do Consello Escolar do noso centro. Os representantes a renovar son 4 profesoras/es, 1 nais/pais/titores legais e 3 alumnas/os. Os censos electorais están publicados desde esta mañá no taboleiro da Secretaría do centro, con prazo de reclamacións desde hoxe ao día 17 de novembro. As persoas que o desexen poden presentar a súa candidatura a representante do sector que corresponda, entregando na Secretaría o impreso de presentación desde o día 11 ao 18 de novembro. A xornada de votacións para todos os sectores terá lugar o martes 29 de novembro no noso centro.

 

Máis información nos arquivos anexos.

 

Un cordial saúdo,

 

O equipo directivo.

 

CONCURSO DE CANCIÓNS 25 N. BASES DA CONVOCATORIA.

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Comisión de Igualdade en colaboración co Departamento de Música convocan un concurso baixo o lema “CANTAMOS POLA IGUALDADE”. O obxecto do concurso é promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero a través da música.

 

1. Participantes: poderá participar no concurso calquera persoa que curse estudos actualmente no IES Ribeira do Louro.

A canción poderá ser composta e interpretada de forma individual ou por un máximo de 3 persoas.

 

2. Temática: O concurso consiste en COMPOÑER OU VERSIONAR unha canción que transmita unha mensaxe de igualdade e contra a Violencia de Xénero.

- A letra da canción deberá ser orixinal, de creación propia e coa temática relacionada coa Igualdade e en contra da violencia de xénero.

- A música será preferiblemente orixinal pero tamén se poderán versionar cancións coñecidas cambiándolle a letra.

- Duración: entre 1 e 3 minutos.

- Formato de envío: un vídeo en mp4 no que se vexan os participantes interpretando a canción.

- Deberase xuntar un arquivo coa letra da canción.

- As cancións deberán estar escritas A MAIOR PARTE EN GALEGO pero poderán incluirse frases noutras linguas.

-O estilo musical é libre: rap (empregar unha base musical), música galega, pop, rock...

- Valorarase a interpretación da canción tocando algún instrumento.

 

3. O prazo para a presentación dos traballos será ata o día 11 de novembro ás 12:00h. O texto coa letra e a gravación do vídeo enviaranse ao seguinte correo: aalvarez@iesribeiralouro.com.es

Os concursantes deberán indicar claramente no asunto do correo o nome, apelidos e curso no que se atopan.

PODERÁ PRESENTARSE MÁIS DUNHA CANCIÓN POR PERSOA.


4. Haberá PREMIOS para os tres primeiros clasificados. O xurado estará composto por cinco membros elixidos entre o profesorado da Comisión de Igualdade e o Departamento de Música.

 

Información libros de texto e material para o curso 2022-2023

Toda a ESO está incluída no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal), polo que  non haberá fondo de libros para o curso escolar 2022/23.

As familias terán que mercar os libros das materias que non estén incluídas no Proxecto E-Dixgal .

No arquivo adxunto preséntase a listaxe de libros e material.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut