Skip to Content

Éxito das nosas monologuistas no IES Pedro Floriani (Redondela)

      As nosas alumnas levan os monólogos teatrais sobre mulleres sobranceiras da historia ao IES Pedro Floriani, de Redondela. Despois das 16 actuacións realizadas no noso instituto durante o 8 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, as nosas novísimas actrices de 1º e 2º ESO aceptaron o convite do instituto redondelán e colleitaron un formidable éxito nas súas aulas. Parabéns a todas elas e moitas grazas ao alumnado e profesorado que tan amablemente nos acolleron.

CONVOCATORIA PROBA LIBRE ESO 2022

Foi publicada a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro de 2022.

 CONVOCATORIA Prazo matrícula   Día do exame

 MAIO      

7 ao 17 de marzo 2022

20 de maio (venres)
SETEMBRO

1 ao 8 de xullo 2022

02 de setembro (venres)

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel na secretaría do centro utilizando o formulario normalizado ED540A, dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada).

* Materiais didácticos para a súa preparación: https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos

* Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

* Dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos, este ano podemos aceptar solicitudes de matrícula por email (ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal e poñendo no asunto do mesmo "PL ESO"), sempre e cando a persoa non desexe aportar documentación orixinal adicional

 

OFERTA PRAZAS CURSO 2022/2023

O Prazo para a presentación de solicitudes vai do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Máis información: aqui

Solicitude: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Día de Rosalía de Castro

Compartimos con todos vós o vídeo colaborativo que fixemos entre os colexios de Atios, Budiño, Ribeira e Antonio Palacios, o CPR Sto. Tomás, Aceesca e o noso centro para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut