Novas

Noticieiro do centro

Comisión Coordinación Pedagóxica

O martes 18 de febreiro terá lugar unha reunión da C.C.P. do Centro.

Charla da profesora Magaly Barreiro no colexio de O Foxo

A profesora de Bioloxía do centro Magaly Barreiro impartiu o pasado xoves unha charla no Colexio de O Foxo para compartir cos rapaces aspectos científicos e curiosidades sobre a súa estadía na Antártida. Ver noticia na Voz de Galicia.

ALUMNADO DO MGB DE VISITA EN PORTO.

Os vindeiros venres 21 e sábado 22, alumnos/as de  1º de Bacharelato das materias de música e antropoloxía realizarán unha saída cultural a Porto visitando o “ Musseu Serralves” e asistindo ao taller creativo “fábrica de sons” e ó curso “músico por un día”. Estarán aloxados na “Pousada da xuventude” da cidade lusa. A actividade está organizada polos profesores María Varela e Arturo Vizcarra.

musseu serralves.jpeg

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Os alumnos/as de 2º de bacharelato realizarán unha visita á cidade do Apóstolo o vindeiro martes, 18 de febreiro, visitando “Meteogalicia”, a catedral de Santiago (tellados e escavacións) e o Museo das Peregrinacións. A saída rematará cun percorrido petrolóxico polo casco histórico da cidade. A actividade, organizada polos departamentos de xeografía e historia e bioloxía, desenvolverase nun horario aproximado de 08:45 a 19:00 horas e será levada a cabo polas profesoras, Magaly Barreiro, Beatriz Mera e Esther Sánchez.

Catedral_de_Santiago_de_Compostela_10_0.jpg

Odisea 2014

Durante toda a mañá do xoves, 6 de febreiro, dende a Biblioteca e as salas de informática, os alumnos de Latín e Grego do MGB participarán na IX edición do concurso de Cultura Clásica Odisea 2014, xunto con outros centros de GaliciaValencia, CastellónAlacantCatalunyaAragón e Valladolid. A temática este ano xirará en torno a un tema de actualidade, “o teatro en Grecia e Roma”. Temos apuntados os seguintes equipos:

4º de ESO: 1º BACHARELATO 2º BACHARELATO
  • ATENEA

  • TARPEIA

  • AS SABINAS

  • VICTORIUM

  • NIKE

  • CEREBRUS ILUMINATUS

  • DEMÉTER E PERSÉFONE

  • INVICTUS

  • FIAT LUX

  • LATIN QUEENS

  • CAVE ALVARUM

Este ano, grazas ao conseguido polo proxecto Dives Gallaecia, os premios que outorgaremos aos 3 primeiros clasificados do MGB serán algo mellores que os do ano pasado: un cheque-regalo de 90€ para o 1º, 60€ para o 2º e 30€ para o 3º.

E ademais, ao rematar as clases desa mañá, reunirémonos na cafetería do Centro a degustar uns solemnes pinchos. Esperamos contar coa compaña dos exalumn@s que participaron no proxecto en anos anteriores. Os postres corren pola nósa conta.

ALUMNOS/AS DE 2º BACHARELATO NA “JAM SESSION”

Alumnos/as do IES MANUEL GARCÍA BARROS do curso de 2º de BACH de artes escénicas e musicais dirixidos polo seu profesor Miguel Carbajal, ofrecerán hoxe venres, 31 de xaneiro, unha actuación musical no café “A Farola” da Estrada, a partir das 23:00 h. Tamén lembramos que os mesmos alumnos/as realizarán un concerto didáctico o vindeiro xoves, 6 de febreiro, no CEIP Pérez Viondi en horario de 10:30 a 12:00 h.

Se desexa máis información prema aquí.

ACTIVIDADE DEPORTIVA NO IES MANUEL GARCÍA BARROS.

Neste 2º trimestre cos obxectivos de fomentar o deporte e, ó mesmo tempo, pasalo ben, estase a desenvolver no noso centro un campionato de tenis de mesa coa participación de alumnado e profesorado do instituto. Está actividade é posible grazas a coordinación do profesor Miguel Bugallo. As partidas xogáranse nos recreos. Da marcha do campionato teredes cumprida información nesta web.

raquetas tenis de mesa.jpg

CHARLA SOBRE OS RISCOS DA INTERNET PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO

O vindeiro luns 3 de febreiro a 6ª hora celebrarase na sala de usos múltiples unha conferencia a cargo dun representante do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia sobre os riscos da Internet, dirixida ao alumnado de 2º de ESO.

Dita conferencia encádrase na campaña "Navega con Rumbo" da Consellería de Educación, coa cal se predente informar a alumnado, pais e nais e profesorado dos perigos dun uso inapropiado ou inconsciente de Internet.

Navega con rumbo

DEPORTE ESCOLAR. CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, un grupo de 30 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campionato escolar de campo a través que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a pasalo ben con esta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.

cros500.JPG

OBRADOIRO NO IES MANUEL GARCÍA BARROS

O vindeiro mércores, 29 de xaneiro, na aula de usos múltiples do centro terá lugar o obradoiro linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias sociais e individuais”. Está dirixido o alumnado de 1º da ESO, sendo impartido polo formador Manuel Ángel Fernández Gallego. A actividade está organizada polo departamento de orientación do centro.



CONCERTOS DIDÁCTICOS E “JAM SESSION”

Os alumnos/as de 2º de BACH de artes escénicas e musicais dirixidos polo seu profesor Miguel Carbajal, ofrecerán o vindeiro xoves, 6 de febreiro, no CEIP Pérez Viondi da Estrada, unha actuación musical (concerto didáctico) para os alumnos/as do citado centro. A actividade desenvolverase no salón de actos do colexio en horario de 10:30 a 12:00.

Así mesmo participarán en actividades musicais de formación Jam session na vila de Cuntis (venres, 24 de xaneiro) e na Estrada (venres, 31 de xaneiro).

Diferentes diarios fixéronse eco deste evento.

Para consultar a nova publicada na revista dixital Catrogatos.com prema aquí.

Para consultar a nova publicada na Voz de Galicia, prema aquí.

CHARLA DE FINA CASALDERREY NO IES M. GARCÍA BARROS

O vindeiro martes, día 28 de xaneiro, a escritora galega Fina Casalderrey participará nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega para o alumnado de 2º da ESO, 2º de BACHARELATO (literatura galega do século XX) e alumnos/as do club de lectura. A escritora falará sobre literatura infantil e xuvenil achegando o traballo dos escritores aos nosos alumnos/as. Terá lugar na Sala de Usos Múltiples en horario de 12:45 a 14:25.

fina.jpg

CAMPIONATO DE XADREZ MGB 2O13-14.

Como en anos anteriores xa está en marcha o IV campionato de xadrez. Os alumnos/as participantes corresponden aos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BACHARELATO. A primeira fase terá lugar por sistema de liga distribuíndose os participantes en grupos de 4. Clasificaranse para a 2º fase os dous primeiros de cada grupo.

Non podemos esquecernos de lembrar ao campión das dúas últimas edicións, Sergio Pampín López, ao que desexamos sorte nos seus novos estudios, logo de ter rematado o seu paso polo noso instituto.

Xadrez

XXV Aniversario Premio García Barros

O sábado 16 de novembro tivo lugar en Santiago, na Cidade da Cultura, a conmemoración do XXV Aniversario da creación do Premio Literario "Manuel García Barros".

Un grupo de alumnos do noso centro pertencentes á materia de Literatura Galega do Século XX, acompañados polo profesor Carlos Loureiro, estiveron no acto.

Prema aquí para ver a galería de fotos do evento.

Prema aquí para ver o vídeo gravado coa colaboración dos alumnos do MGB.

Diego Oliveira, ex-alumno do MGB, físico en Cambridge

O pasado 3 de novembro o Faro de Vigo fíxolle unha entrevista a Diego Oliveira, ex alumno deste centro e estudiante da Universidade de Cambridge.

Para acceder ao artigo preme aquí.

Distribuir contido