Mural no Foxo

O pasado mércores 5 de novembro o alumnado de 2º Bacharelato de Artes: Cristóbal, William, Tania, Andrea, Cristopher, Jon, Carlos, Paula, Vanessa, Martín, Aitana, Paulo e Brais, foron, acompañados polos seus profesores Mariano Casas e Xoan Xosé Pérez, ao CEIP do Foxo para a inauguración do mural que realizaron estes alumnos nese centro educativo. A directora recolleu o agasallo dos Pereiriños 2014 que lle fixeron ao noso Centro.