INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Xornadas ENCIGA

Case nos esquecemos de compartir con vos este importante acontecemento: Este serán do día 15 de novembro o IES Lamas de Abade terá un destacado protagonismo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia. Unha representación do alumnado do Instituto dirixida polo profesor José Manuel Facal protagonizará algunha das ponencias da tarde.

As Xornadas están a celebrarse no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín e continuarán durante os días 16 e 17. Agardemos que, tendo en conta o lugar de celebración, os resultados científicos acaden como mínimo a categoría gastronómica da que ten tanta sona a comarca do Deza. Parabéns aos participantes e prometemos seguir informando dos resultados e, na medida do posible, xuntar algunha que outra imaxe. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer