INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

MÚSICA E LINGUA

Saraibas é un grupo musical galego formado no ano 1978, por un grupo de amigos de San Sadurniño que levaban tempo cantando xuntos como afeccionados.


Nos seus inicios as súas actuacións estaban ligadas á súa área xeográfica máis próxima, porén a partir do lanzamento do seu primeiro traballo, no ano 1980, a súa populariade aumentou e comezaron a actuar por toda a Galiza e participar tamén nos seus primeiros concertos no estranxeiro, tanto en Sudamérica como en Europa, compartindo escenario con figuras da música galega e internacional.


Tras a incorporación de Manuel Alonso "Bacalau", o grupo saca o seu segundo traballo Xa non podemos calar, no ano 1981. Desde entón os cambios na formación serán constantes, destacando, entre outras, a colaboración de Carlos Beceiro (do grupo La Musgaña), a breve incorporación de Juanjo Porta Vizoso (Malincorne, Gwendal) para o disco Cancións para un ano, o paso de Óscar Fernández Sanjurjo, que despois formaría Os Cempés, e o paso de Paco Román, presente no disco Careca.


O último traballo do grupo é Cantamos para poder voar, de 1999. A súa formación actual está composta por Amparo Calvo (gaita, percusión e voz), Xela Barro (voz), Avelino Cinza (frautas, percusión e voz), Miguel A. Sanjurjo (percusión e voz), Martín Sanjurjo (guitarra, mandolina, violín e voz), Juanjo Porta (guitarras), Sergio Vázquez (baixo) e Francisco Rodríguez (percusión e acordeón).


O estilo desenvolto por Saraibas sempre estivo relacionado cunha clara vocación folk porén, o contido das súas letras e o momento político no que xurdiu póñeno tamén en relación coa canción de autor e a canción de intervención política. Ese medio camiño é similar ao que practicaron outros grupos contemporáneos como Fuxan os ventos. Conforme a situación política se asentaba, o grupo tendeu máis cara a súa raíz folk, tomando moitas das súas cancións de temas populares. A pesar disto, Saraibas sempre manifestou o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, dende a fidelidade á lingua até o apoio de iniciativas autóctonas. Bo exemplo disto foi o momento no que rexeitaron un contrato discográfico coa internacional Philips para fichar pola discográfica galega Ruada. O grupo tamén promoveu a iniciativa Cantareliña, un certame musical celebrado entre 1983 e 1991 na que participaban nenos de distintos centros escolares, e que tiña como obxectivo a promoción e a normalización da lingua galega e da música popular.


Discografía:


Unha terra, un pobo, unha fala (1980).


Xa non podemos calar (1981).


Careca (1986).


Camiño longo (1991).


Cancións para un ano (1996).


Cantamos para poder voar (1999).


 Neste enlace podes escoitar a súa canción Os aproveitados da fala  http://youtu.be/M04wdUcaBZc

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer