INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

MÚSICA E LINGUA

Eles fan música de raiz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras, tendo sempre claro as súas orixes pero mirando cara adiante en todo momento. Claro reflexo son os seus traballos discográficos, nos que se observa unha constante evolución musical, coa que acadaron un son propio e característico. Dende aquel primeiro “Quempallou”, e a música tradicional como base, pasando por “Estremonías” e a forza da palabra, chegando a “Polo Aire”, cunha importante madurez musical, composicións propias e coidados arranxos.


Agora presentan o seu novo e agardado traballo discográfico “Vellas Novas”, que cunha estética baseada no mundo do xornalismo, contén composicións propias e tradicionais ao máis xenuino estilo de Quempallou. “Vellas Novas” é un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.


Gozade pois coa fresca proposta de Quempallou e deixádevos levar pola forza da súa música e da súa palabra. Ide gustosamente a canda eles...


Compoñentes:Roi Maceda: Acordeón. Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz. Isaac Millán: Bouzouki, Guitarra acústica. Roi Adrio: Tamboril, percusións. Xosé Maceda: Bombo, percusións. Alfonso Agulla “Eski”: Son ao vivo.


Discografía


Quempallou – Quempallou. 2002 Zouma Records. ZRCDO021.


Quempallou – Estremonías. 2004 Zouma Records. ZRCDO038.


Quempallou – Polo Aire. 2007 Zouma Records. ZRCDO050.


Quempallou – Once Anos Mallando. 2010 Zouma Records. ZRCDO064.


Quempallou – Vellas Novas. 2012 Zouma Records. ZRCDO069.


 


www.quempallou.com é a súa páxina. Dela sacamos a información.


Premendo no enlace podes ver o vídeo da canción Coa lingua de fóra  http://youtu.be/AIuv7ABjOcI

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer