INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Vilardevós con Lamas de Abade

Tódolos centros de ensino do lugar de Lamas de Abade vibraron ó son das tamborradas de Vilardevós o pasado venres 2 de febreiro. Como cada ano, os equipos de dinamización da lingua galega dos nosos centros de ensinanza aliámonos para recibir a un entroido singular dalgún lugar de Galicia.

Nesta ocasión desfrutamos cos chocalleiros desta localidade ourensá que viñeron acompañados dunha boa comitiva encabezada pola súa alcaldesa, Eva Pérez Gamote. No CIFP Compostela foron recibidos con honores polos nosos Xenerais do Ulla. No salón de actos, os nosos alumnos de 1º de ESO, Eva do grupo B e Thiago do grupo C, foron excelentes presentadores, para  amosársenos o seu xeito tan singular de celebrar o entroido. Como en case que toda a provincia de Ourense, en Vilardevós vívense intensamente estas datas do ano.

A comitiva con representantes de tódolos centros participantes, o grupo de gaiteiros ABADIÑOS, os chocalleiros e o Abade cos seus secuaces, foron percorrendo tódolos centros, saudando a tódolos rapaces e levando música e diversión nunha mañá francamente preciosa. Luciu o sol, os cabalos se comportaron estupendamente, os correos e xenerais botaron os seus atranques e deron os seus altos como preceptivo que é.

 

Para rematar, no noso instituto votaron “vivas” para a Sra. Directora e demais profesores chegando a hora da degustación dos doces típicos de entroido que nos preparan con esmero os alumnos do CIFP Compostela.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer