INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

PROBA DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES CONVOCATORIA 2020

Para realizar estudos de formación profesional de grao superior é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos académicos de acceso:

   - Título de Bacharelato.

·        - Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)

·        - Otras titulacións (Título de Técnico Superior, Técnico Especialista, COU, Titulación unversitaria….)

·        - Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Quen se pode presentar ás probas de acceso a grao superior?

 Quen non cumpra os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e teña dezanove anos cumpridos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 ao 19 de febreiro de 2020.

Proba de acceso:

A proba de acceso consta de dúas partes:

PARTE COMÚN: Relacionada cos contidos do bacharelato:

-Lingua galega.

-Lingua castelá.

-Matemáticas.

PARTE ESPECÍFICA: Organizarase en tres opcións: A, B e C en función das familias profesionais e as materias establecidas para cada unha delas. Deberase elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a inscripción escollendo dúas das tres materias das que quere examinarse:

OPCIÓN A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés) e filosofía.

OPCIÓN B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.

OPCIÓN C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

 

En que data terá lugar a proba?         O 23 de abril de 2020 

En que horario?

– Ás 9:00 horas: presentación.

Parte común da proba

– Das 9:30 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba

– Das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida).

 

Nos seguintes enlace tes información completa sobre:

- Xeneralidades sobre a proba:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior

- A convocatoria desde ano 2020:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

-Contidos de referencia e criterios de avaliación da proba:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8513

-Modelos de exámes de convocatorias anteriores:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/269/

-Instruccións para facer a solicitude:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8584

Se tes algunha dúbida podes consultar no departamento de orientación.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer