Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

Chegou aos nosos oídos: o concerto de Antonio Lagares (ex do Aguiar) en Betanzos

azaharensemble1

O pasado 20 de Agosto, un "Betanceiro polo mundo", ex do Aguiar, regresou á súa terra para un amosarnos un pequeno anaco da súa brillante andaina profesional. Antonio Lagares Abeal é o trompista do grupo Azahar Ensemble.

Creado en 2010, en 2011 o grupo foi premiado no "ORPHEUS Swiss Chamber Music Competition" e un ano máis tarde conseguirían o 2º premio no Concurso de Música "El Primer Palau" (Barcelona).

Azahar Ensemble tén unha sólida carreira internacional que os levou a actuar en salas tales como Musikverein de Viena, Philharmonie de Berlín, Prinzregententeather de Múnich, Philharmonaie Essen, Mozarteum Salzburg así como en festivales da talla do Mozartfest de Würzburg, Festival Internacional de Santander ou Festpielhaus Baden-Baden entre outros.

Para que disfrutedes, deixámosvos cunha pequena mostra da súa música e unha ligazón á súa canle de Youtube

 

Chegou aos nosos oídos: os éxitos de Carlos Arévalo no campionato de España de piragüismo

Outra volta, comprácenos dar difusión os impresionantes éxitos de Carlos Arévalo, betanceiro i ex alumno do Aguiar, no campionato de España de piragüismo. Noraboa campeón, e grazas pola importantísima promoción do deporte en xeral e o piragüismo en particular, sendo un exemplo para as novas xeracións.

arevalo 18

DELIA VÁZQUEZ GONZÁLEZ recibe o premio do Certame de Banda Deseñada do Xelmirez1

O xoves 21, á tarde, a nosa alumna Delia Vázquez González recibía o primeiro premio de Concurso de Banda Deseñada que convoca o IES Arzobispo Xelmirez 1 de Santiago de Compostela. Estivo acompañada polos seus familiares e, en represantación do IES Francisco Aguiar polo seu profesor Xosé Manuel Rey Bao. 

PARABÉNS!

Que sexa o inicio dun camiño de traballo coroado de recoñecementos!

Post ABAU. Simulador da nota de admisión ás titulacións das Universidades galegas



 

Esta fin de semana será a da gran liberación para o noso alumnado que ven de rematar as probas da ABAU.

 

Nunha semana máis ou menos teredes as vosas cualificacións e entón compre ter clara cal é a nota acadada resultado da ponderación entre a cualificación da ABAU e a do BAC. Para facilitar isto a propia Xunta de  Galicia proporcionanos un simulador que permite calcular dita NOTA DE ADMISIÓN. 

 

 

Todas as persoas interesadas en coñecer a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG, tendes á vosa disposición este simulador. Para isto, é necesario introducir a nota das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25262

Convocatoria axudas STEMweek

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

quendasstem

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

Persoas beneficiarias e requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
b) Ter superadas todas as materias no curso 2016/17. De ser adxudicada unha praza obxecto desta convocatoria a un/unha alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2017/18, deberá renunciar a ela. 
c) Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario ED504G dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
prazo estará aberto ata o 12 de xullo de 2018
Máis información no DOG do 12 de xuño de 2018 e en www.edu.xunta.es 
Enderezo electrónico: stemweek@edu.xunta.es

Chegou aos nosos oídos...Campamento Multideportivo Saudable

 

Chegou aos nosos oídos...por medio de Juan Carlos Prados, vello coñecido do Aguiar polos seus talleres anuais de Prevención de Condutas Adictivas, que se está a organizar un Campamento Multideportivo Saudable  no que participan varios concellos da bisbarra. 

CAMPAMENTO MULTIDEPORTIVO SAUDABLE 2018 

 

 

 

 

ACTIVIDADE:CAMPAMENTO MULTIDEPORTIVO SAUDABLE 

 

DATAS:     DO 02 DE XULLO AO 15 DE XULLO (DE LUNS A VENRES)

 

HORARIO: DE 9:30 A 13:30

 

COTA:ACTIVIDADE GRATUÍTA

 

IDADES: NENOS E NENAS DE 12 A 17 ANOS. (POR GRUPOS DE IDADE).

 

LUGAR:INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CARREGAL

 

PRAZAS: 60 PRAZAS, LIMITADAS POR ORDE DE INSCRICIÓN

MÍNIMO 15 PARTICIPANTES PARA REALIZAR A ACTIVIDADE.

 

ACTIVIDADES:DEPORTES DE EQUIPO, DEPORTES ALTERNATIVOS, DE AVENTURA E GRANDES XOGOS.

 

PRAZO INSCRICIÓN:DO 11 AO 28  DE XUÑO NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS.

PRAZA DO EMIGRANTE, 1. BETANZOS. TLF.: 981 77 07 07

 

INSCRICIÓNS:ASINADAS POLO/A PAI/NAI OU TITOR/A.

 

TARXETA SANITARIA:COPIA DA TARXETA SANITARIA COA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

 

COLABORA:CONSELLERÍA DE SANIDADE – XUNTA DE GALICIA 

 

 

 

 

 

 

Delia Vázquez gaña o Certame de Banda Deseñada do Xelmirez1

 

 

 Delia Vázquez González ven de resultar gañadora do primeiro premio na súa categoría (12-16 anos) do Certame de  Banda Deseñada que convoca o Instituto Arcebispo Xelmirez 1 de Santiago de Compostela.

 

Un galardón máis que merecido para Delia no que se xunta  talento persoal  de alumnos e alumnas; unido ctraballo dun instituto como o Aguiar( especialmente seus departamentos de Educación Plástica e Normalización Lingüistica),  que se preza de publicar cada ano ( e van once edicións) unha revista de banda deseñada (BDban-de)...      Xa o puidemos disfrutar con Sarela Lorenzo e agora volvemos a reeditar ledicia cunha nova promesa da Banda Deseñada.

 

Parabéns á artista, á súa  familia e ao creativo Departamento de Educación Plástica e Visual na persoa do seu Xefe: Xosé Manuel Rey Bao.

 

Premiados no VI Certame de Banda deseñada AX1

Categoría de 12 a 16 anos:
Primeiro premio: O que ve. Autora: Delia Vázquez González, do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Segundo premio: Prexuízos virtuais. Autora: Raquel Cambeiro Fernández, do IES As Insuas de Muros.

Categoría de 16 anos ou máis:
Primeiro premio: Triste inocencia. Autora: Isela Rodríguez Mascato, do IES Xunqueira I de Pontevedra.
Segundo premio: Mosquitap. Autora: Anaïs Cerezal Pacho, do IES Xunqueira I de Pontevedra.

 

Agardamos que este recoñecemento sexa un impulso

para o camiño creativo de Delia

que agora comeza cheo de grandes esperanzas.

In memoriam Carmen Casillas Guisado

A Comunidade Educativa do IES Francisco Aguiar lamenta a perda de Carmen Casillas Guisado, boa docente e boa compañeira, e desexa acompañar nestes momentos de dor aos seus seres queridos.

 

Facémonos eco, tamén, das palabras dunha ex_alumna de Carmen que reflexan ben o sentir de todos nós:

 

"Cando camiñamos, e chocamos, con persoas que realmente aman o que fan, sentimos que nos tocan.

Profundo.

De maneiras que nunca chegarán a intelixir. 

 

Día moi triste para as persoas que participaron do premio de verte regalando coñecemento,

forxando identidades. 

 

Estarás sempre presente por descubrirme como invertir o mundo e dubidar.

 

 

Grazas."

Caleidoscopio "solar" . PAG'S

CALEIDOSCOPIO "SOLAR"

 

 

 

JULIÁN FERRER

 

ALUMNOS Y ALUMNAS DEL IES FRANCISCO AGUIAR PRESENTAN UN MOSAICO DE VALORACIONES SOBRE LA CHARLA QUE MARÍA SOLAR DIO SOBRE SU LIBRO "LOS NIÑOS DE LA VIRUELA" EL PASADO 29 DE MAYO

 

ALUMNOS E ALUMNAS DE ESO 2º A e B

 

BETANZOS / IES FRANCISCO AGUIAR / 30/05/2018

Gracias al trabajo metódico y empeñado de la profesora Elvira Castro Otero recopilamos en este artículo, a modo de mosaico o caleidoscopio las impresiones que la charla de María Solar produjo en nuestros alumnos e alunmnas. 

 

 

Muy bien explicada la novela. Se nota que de verdad a la autora le interesa el tema y que no le importó dedicarle tantos años a la investigación, para luego escribir el libro, tan bonito y triste al mismo tiempo.

 

Lorena Calo Babío 2º ESO B

 

María Solar supo cómo hacer que atendiésemos y la escuchásemos, supo captar nuestra atención. Me gustó que diese su conferencia de manera tan natural.

 Carmen Ríos Bugarín 2º ESO B

 

María Solar es una mujer impresionante, cuando habla de su libro lo hace con pasión. Se explicó estupendamente, es posible que así sea porque trabaja en la Radio Gallega y en TVG. Me sorprendió todo del esfuerzo que hay detrás de su libro, en cuanto a investigación.

 Eva Deibe de Bernardo 2º ESO B

 

Me encantó la charla con la autor de Los niños de la viruela, porque , a diferencia de otros autores, cuenta todo el proceso de investigación que llevó a cabo para escribir esta novela. Saber todo lo que hay detrás de un libro, lo hace todavía más valioso.

 Cristina Durán Calvo 2º ESO B

 

María Solar tiene que sentirse muy orgullosa de su trabajo porque gracias a su libro, mucha gente sabe qué y cómo se trató la enfermedad de la viruela. Yo le doy las gracias por escribirlo y por esta charla en la que nos dio a conocer quiénes fueron esas personas que llevaron la vacuna a América.

 Marta Cortés Gil 2º ESO B

 

Estupenda forma de tratar, sin más, un tema tan duro.

 Paula Carro 2º ESO B



Me sorprendió que la autora necesitase tantos años (10) para reunir toda la información necesaria para escribir la novela, supongo que querría asegurarse de que toda fuese correcta. Saber que la mayoría de los personajes fuesen reales, excepto los que no subieron al barco, resultó de mi interés.

 Brais Fernández Reyes 2º ESO A

 

María Solar trabajó muy duro durante diez años documentándose sobre la viruela, la Real Expedición Filantrópica de la Vacuna, los niños de los hospicios que participaron en su traslado…para escribir su libro que transmite la penuria y el temor de la gente de la época al contagio de aquella enfermedad. Este hecho nos hace pensar en lo bien que vivimos hoy y en lo mucho que avanzó la Medicina. La charla resultó amena e interesante. Aprendí mucho sobre el pasado de nuestro país, de su sabiduría y valentía.

 Pablo Ferreiro Gil 2º ESO A

 

Una  charla muy interesante, con su libro dio a conocer a personas como Balmis o Isabel Zendal y lo importantes que fueron para la terrible epidemia de la viruela.

 Nuria Beiro Oldán 2º ESO A

 

Esta charla me sirvió para comprender mejor la novela. Al igual que la escritora, pienso que esta historia debería ser más reconocida, es un descubrimiento.

 Nerea Bello Rodríguez  2º ESO A

 

Una charla muy interesante puesto que se nos ha hablado de algo que, en teoría, no nos enseñan en la escuela, el viaje de Balmis.

 Alejandro Doporto Calvo 2º ESO A

 

María Solar, además de Periodismo, estudió Magisterio y Biología, de ahí el interés por la viruela y su vacuna. Fue una charla muy informativa pues explicó muchos datos sobre el virus y su cura.

 Miguel Gabín  Rey 2º ESO A

 

María Solar realizó un fantástico trabajo que se ve reflejado en su libro que, para escribirlo, empleó años de búsqueda de información. Ella es un modelo a seguir, a lo largo de su vida no ha dejado de trabajar para llegar a realizar aquello que realmente le gusta, el mundo de la radio.

 Cinta Manteiga Lomba 2º ESO A

 

Una charla increíble la de María Solar, no solo por el su libro Los niños de la viruela, sino por todo el trabajo que hay detrás antes de llegar a publicar una novela.

Lucía García Reyes 2º ESO A

PAG's é un proxecto ( de nome mellorable) do IES Francisco Aguiar para incentivar o traballo como periodistas do noso alumnado. 

Elaboran periódicamente, para a páxina web do instituto,  unha noticia do seu interese

baixo a coordinación e orientación  de profesorado do centro.

 

Chegou aos nosos oídos....Iria Cano no Campeonato de España de patinaxe Solo Danza

Chegou aos nosos oídos... a participación da nosa ex alumna Iria Cano (primeira, e guapísima, pola esquerda) no Campeonato de España 2018 de Patinaxe na modalidade de Solo Danza. (enlace)

 

PARABÉNS, Iria!

 

PD: decididamente...ás veces que pouco sabemos da vida do noso alumnado máis aló das paredes da aula, e que agradablemente nos sorprenden

 

 

Distribuir contido