2º Bacharelato

Arte Contemporánea para 2º BAC no MAC de A Coruña

 

O martes 10 de decembro, en horario de tarde, o alumnado de Arte de 2º BAC visitará o Museo de Arte Contemporánea ( MAC) Gas Natural-Fenosa en A Coruña . Estarán acompañados polo seu profesor Xosé Luís Mosquera Camba

Alí poderán disfrutar de catro exposicións temporais: "Relatos Privados e Espacio Público" de varios autores, a exposiciíon fotográfica que expón o noso ex_compañeiro Manuel Vilariño  baixo o título "Mitologías" "Los murmullos del bosque" de Takeshi Shikama; e para rematar, outra colectiva:  "Antes de irse 2014. Ideas sobre la pintura".

Primeira avaliación. 2º BAC.

O 4 de decembro,  á tarde,  terán lugar as sesións da 1º avaliación de 2º de BAC

1ª AVALIACIÓN 2º BAC

4 de decembro de 2013.

16:15

BAC 2º A

16:50

BAC 2º B

17:25

BAC 2º C

18:00

BAC 2º D

Nos vindeiros 16, 18, e 19 de decembro realizaranse as avaliacións de todos os cursos da ESO, 1º BAC e do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia


Conferencia sobre dispositivos baseados nos conceptos de Termodinámica

        22-Marzo-2013

enerxias_renovables

 

Charla ofertada pola Universidade de  Santiago de Compostela baixo o título: "Deseño para o outro 90%: Dispositivos baseados na aplicación de conceptos básicos de Termodinámica", sendo a conferenciante Pilar Brocos Fernández do Departamento de Física Aplicada.

Destinada ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e organizada polos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, en colaboración co Departamento de Orientación.

 


CHARLA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

08-O3-2013

Charla impartida pola Universidade de Santiago ós/ás alumnos/as de 2ºde BAC e organizada polo Gabinete de Orientación e Vicedirección.

  


                                  

Venres día 8 de marzo de 12:40 a 13:30

Lugar: Salón de Actos      

Visita ó CIQUS

      20-Marzo-2013 

CiqusOs alumnos de 2º de Bacharelato de Química visitaron o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela.

Asistiron ás xornadas tituladas "A investigación en Química: ciencia creativa para un mundo mellor", nas que se mostrou a importancia da Química no desenrolo e benestar da sociedade.

Os alumnos realizaron sinxelos experimentos no laboratorio (un grupo sintetizou aspirina e o outro paracetamol).

Visitaron un laboratorio con demostracións e experimentos curiosos e tamén os laboratorios de instrumentación nos que recibiron unha explicación básica das técnicas de caracterización estructural (con espectros reais dos compostos que sintetizaron).

Para ver máis información fai click na imaxe.

Visita a Applus_Norcontrol

  5 de febreiro de 2013

Visita a Applus-Norcontrol dos alumnos de Tecnoloxía Industrial de 2º de Bacharelato.

Compartimos visita cos alumnos de 2º curso do Ciclo Medio de Soldadura e Calderería do CIFP Monte Conxo de Santiago.

Foi interesante ir con eles xa que déuselle unha orientación práctica orientada aos problemas do mundo profesional, neste caso orientados ás unións por soldadura e conformación de pezas industriais.

Moi interesante a unidade de ensaios non destrutivos e tamén os destrutivos. Puidemos observar ao microscopio preparacións de metais que tiñan algún problema estrutural e que se analizaba observando os compoñentes que estaban presentes nas mostras de metais.

Logo fomos á unidade de ensaios de materiais de construción onde este ano non fixemos ensaios de compresión en formigón e tracción en barras corrugadas de aceiro.

Logo, por último, visitamos a sección de ensaios de áridos e mesturas bituminosas para estradas, observando os distinos ensaios e procesos realizados.

Como sempre unha visita esencial para complementar o bloque temático de materiais que impartimos na nosa materia de Bacharelato.

Visita á ETAP de A Telva (Emalsa)

      14-Febreiro-2013 

Instalacions_ATelvaOs alumnos de 2º de Bacharelato de Química (2ºB) visitaron a estación de tratamento de auga potable (EATP) de A Telva en A Coruña (Emalcsa).

Puideron ver as distintas fases de depuración da auga que se extrae do río Mero, para quedar potable e lista para o seu consumo. Mesmo tiveron ocasión de simular as análises da auga que forman parte do proceso de potabilización, depurando auga sucia coa axuda de coagulantes e floculantes.

Para ver máis información fai click na imaxe.


Visita á Refinería de Repsol en A Coruña

14-Febreiro-2013

Refinería_Repsol

Os alumnos de 2º de Bacharelato de Ciencias (A e C) efectuaron unha visita ás instalacións da Refinería de Repsol.

Asistiron á presentación dun video explicativo, detivéronse nas enormes maquetas e paneis que detallaban o funcionamento da Refinería e accederon á sala de control, donde os operarios que estaban traballando lles explicaron o que estaba sucedendo nese intre nas diferentes seccións. Por último, observaron as distintas unidades de planta percorrendo en autobús o interior da instalación.


Visita ás Centrais Térmicas de As Pontes

29-Xaneiro-2013

Central_TermicaOs alumnos de 2º de Bacharelato (Física e Tecnoloxía) e de 1º de Bacharelato (Tecnoloxía), visitaron as dúas Centrais Térmicas de As Pontes, pertencentes á Empresa Endesa, acompañados polos profesores Mª Luisa Muíño e Juan Neira, dos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.

O obxectivo da visita á Central Térmica Convencional era comprender o seu funcionamento, os combustibles empregados e o impacto no medio. Durante o percorrido, os alumnos puideron apreciar os elementos máis importantes da central: o parque de carbóns, as turbinas, as torres de refrixeración, sala de control... Tamén se achegaron ao lago de As Pontes, onde viron unha antiga rotopala excavadora e brevemente lles explicaron o proceso de extracción do carbón e a recuperación ambiental, tanto do lago como da escombreira.

Na visita á Central Térmica de Ciclo Combinado oa alumnos puideron coñecer como se xenera a electricidade, que partes integran o proceso e as vantaxes que presenta fronte á Central Térmica Convencional.

 

Foto_visita

Arte Hip Hop

16-Maio-2012

graffiti betanzos

 

 

De 9:30 a 14:15. Actividade destinada  a alumnado de 2º de Bacharelato e organizado por Xose Luis Mosquera do Departamento de Arte, Xeografía e Historia.

 

 

 

Fotografía CC-BY-SA Atribución a xornalcerto
Distribuir contido