2º Bacharelato

Visita do alumnado de 2º de bacharelato ao "Ciclotrón"

A semana que transcorrerá entre o 7 e o 11 de abril será este ano a grande festa da Ciencia e a Tecnoloxía no Aguiar coa celebración da  III Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.

Dentro das actividades desta Semana, o luns, a partir das 10,25, o alumnnado de Física e Tecnoloxía de 2º BAC viaxará ao Hospital Clínico Universitario de Santiago invitados por Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Con esta visita terán a ocasión de coñecer unha das últimas tecnoloxías no campo da imaxe molecular, o Ciclotrón (acelerador circular de partículas)

Estamos seguros que será de grande interese para o alumnado e un auténtico privilexio que os rapaces e rapazas do Aguiar poidan coñecer de primeira man instalacións tan punteiras.

"Imaxe Molecular" Conferencia de Dn. Alvaro Ruibal Morell

    Mañá venres,  31 de xaneiro, alumnos e alumnas de Física e Tecnoloxía do 1º e 2 de Bacharelato no IES “Francisco Aguiar” poderán asistir  a unha das actividades do programa “A Ponte” que promove a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que  pretende achegar ao alumnado de secundaria á Universidade.

     Nesta ocasión a actividade iniciarase ás 10,25hs e consistírá nunha Conferencia que leva por título “Imaxe Molecular” e estará a cargo de Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este profesor estará acompañado por lo seu estreito colaborador D. Michel Herranz, doutor en Bioloxía Molecular, "Molecular Imaging Program Director" e "PET Radiopharmacy Unit Director"


Martes 18 de marzo. Saída didáctica. Santiago de Compostela

          O martes  18 de marzo un grupo de alumnos e alumnas de 2º BAC e 3º e 4º de PDC visitarán Santiago de Compostela acompañados polos profesores Tino Chao e Pancho Sánchez. 

          Esta visita houbo de ser posposta semanas atrás por culpa dun dos moitos temporais que sufrimos este inverno. Se cadra o martes será un día luminoso.

Agardemos que así sexa,  porque os viaxeiros poderán coñecer o Museo Pedagóxico de Galicia (para isto é indiferente o tempo meteorolóxico) e tamén as cubertas da Catedral de Santiago. Desexamoslles unha proveitosa visita e un bo tempo.

Conferencia de Dn. Xulio César Sousa

Os Departamentos de Orientación e de Lingua e Literatura Galega, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC),  programan para o venres  14 ás 12.35,  unha conferencia  no Salón de Actos do IES "Francisco Aguiar".

 

 

 

 

Esta actividade inscríbese no conxunto de actuacións que baixo o título de "A Ponte" procuran un primeiro achegamento do noso alumnado ao mundo universitario.  Nesta ocasión, o profesor da Facultade de Filoloxía da USC Dn. Xulio César Sousa  falará sobre "Investigación en Linguas" ao alumnado de 2º BAC  das opcións de Humanidades e Ciencias Sociais.

 

 


Crónicas Romanas IV by Elvira Castro

Luns 3 de marzo
Estamos en vísperas, parece que as pregarias na Basílica de San Pedro surtiron efecto e o sol acompañounos case todo o día. Subimos á cúpula da Basílica, as vistas merecen  a pena a pesar do esforzo realizado por unhas escadas, un tanto estreitas, algún que outro xa estaba arrepentido, pero non había volta atrás.

Xantar na Piazza del Popolo, vista da fonte dos Borrachos. Fracaso en Ara Pacis, só vista externa, os luns pecha. Paseo dende o Vaticano parando en Piazza Navona (música en vivo), última visita ao Panteón e Fontana de Trevi.

Cea de despedida, moi divertida, algúns, aos que tiñamos por tímidos, destaparonse como grandes cómicos, con moita gracia para contar chistes; en fin, unha velada que non esqueceremos. E para rematar... a preparar as maletas porque mañá, ás sete de volta a Betanzos.

"Invasións Biolóxicas" Conferencia de Mª Inmaculada Romero Buján

O luns 10 de febreiro, no marco do programa  "A Ponte" da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar no "Aguiar" unha nova conferencia impartida por unha profesora universitaria.  Nesta ocación contaremos coa presenza de Dna. Mª Inmaculada Romero Buján,  docente no Departamento de Botánica en dita Universidade, que disertará sobre "Invasións Biolóxicas".

A esta conferencia estarán invitados alumnos e alumnas  de 2º BAC da materia Ciencia da Terra e oalumnado de 1º BAC que cursan a materia de bioloxía.  Terá lugar no Salón de Actos do noso Instituto ás 11.45.

A choiva en Santiago é arte :(

 

Con grande pesar de organización e público houbo de suspenderse a visita programada da que se dá conta nesta entrada. Queda pois para outra ocasión "con permiso da autoridade e se o tempo non o impide"

 

 

 

 

 

 

O martes 4 de febreiro, alumnado de 2º  BAC e Diversificación de 3º e 4º disfrutarán dunha apacible GuayGuiñovisita a Santiago de Compostela. Estarán acompañados polos profesores Tino Chao, de Lingua Castelá,  e Pancho Sanchez, de Educación Plástica.

Nela Poderán coñecer o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e o Museo do Pobo Galego.

O Uso dos Bosques. Conferencia de Dn. Emilio Carral Vilariño

Novamente no marco do Programa "A Ponte" da USC docentes universitarios desprázanse ata o "Aguiar" para impartir docencia.

Nesta ocasión, o Departamento de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía,  traenos a Dn. Emilio Carral Vilariño, profesor de Bioloxía Celular e Ecoloxía na Escola Politécnica Superior de Lugo.

A súa conferencia versará sobre os "Usos dos Bosques" Terá lugar no Salón de Actos do noso Instituto a partir das 11.45 hs.

Conferencia sobre a proposta educativa da USC. Enrique Macías.

Mañá,  17 de xaneiro a partir das 10.25hs.,  o alumnado de 2º BAC do Aguiar terá a oportunidade de coñecer a proposta de estudos da Universidade de Santiago de Compostela.

Estará encargado dista exposición o profesor de Xeometría e Topoloxía da Universidade Compostelana Dn. Enrique Macías.

En momentos en que os estudantes están a decidir cousas importantes para a súa vida futura a información que recibirán mañá será, sen dubidar, de grande utilidade.

Balance da visita ao Museo de Arte Contemporánea

Imaxes: Catuxa Gómez. Alumna de Historia da Arte. 2º BAC 

 

O martes pasado tornamos o Instituto polo MAC, as clases polas salas de exposición e as imaxes de proxector por obras de arte. Nesta saída da rutina do horario escolar poidemos disfrutar, uns máis uns menos, de dúas coleccións moi suxerentes. Na primeira apreciamos a soidade e o silencio de Vilariño e na segunda fixemos un percorrido por obras de autores  máis novos con diversas temáticas. Sen dúbida foi toda unha oportunidade para achegarnos un pouco á arte actual e enriquecer o noso punto de vista.

Icía Rodríguez Arias. Alumna de Historia da Arte de 2º BAC

Distribuir contido