Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Ficheiros

PREMIO a JOSÉ ÁNGEL VARELA LOBEIRAS NO CONCURSO "COMERCIO CON TALENTO"

Estamos de noraboa pola concesión a José Ángel Varela Lobeiras, alumno do noso Ciclo Superior,  dun dos premios "Comercio con Talento" .

 

Tres alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Verndas e Espazos comerciais veñen de participar nun concurso convocado pola Xunta de Galicia, "Comercios con Talento".

Trátase dunha convocatoria no que os participantes tiñan que facer un proxecto para potenciar a innovación no comercio, así como impulsar o emprendemento en materia de comercio entre os xoves. 

 

 Os nosos alumnos tiveron que realizar unha pesquisa pola súa comarca co obxecto de seleccionar un comercio “con talento”.Nas tarefa de búsqueda do “comercio con talento”, os alumnos estiveron baixo a supervisión e control da súa profesora Carmen Mato. Cada alumno tiña, finalmente que elaborar un proxecto sobre o comercio elixido. 

 

Os nosos tres alumnos participantes foron: Astrid Alejandra Funes Palacios, cun proxecto sobro o bar de tapas ONZE(enlace) ;  Carlos Manuel Enriquez Gómez traballou sobrfe o Burguer "La Pepita"(enlace). Finalmente José Ángel Varela Lobeiras resultou premiado co seu proxectyo sobre a Libraría Biblos de Betanzos(enlace)

 

 

IIº FESTIVAL DE ABRAZOS. 28.V.2018.Ciclo Superior

 

 IIº "Festival dos Abrazos"

Esta actividade, organizada polo alumnado e profesorado do Ciclo Superior, consistiu en repartir abrazos e bos sentimentos entre o alumnado do IES Francisco Aguiar, sempre con respecto e agarimo.


Os alumnos tiveron que organizar unha campaña de promoción polo centro e nas redes sociais, poñendo en práctica os coñecementos dos módulos do primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais, e o día 28 de maio celebrouse o Festival, onde tiveron que  repartir abrazos ás persoas que así o quixeran, respectando os espazos privados e os tempos de docencia, anunciando as vantaxes dos seus abrazos respecto aos do outro equipo.


Para controlar que os abrazos se dan ben e como debe ser, durante a súa celebración unha persoa do equipo contrario foi de "carabina" no outro equipo para certificar cantos abrazos se deron e que, realmente, se deron co cariño debido.

,

O Ciclo Superior vivista o Polígono de Bergondo

 

Como cada ano, os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, visitaron, o pasado día 22, o Polígono Industrial de Bergondo, onde foron recibidos polo adxunto á dirección da asociación de empresarios do citado polígono, e querido exalumno, Antón Pacín.

 

No transcurso da xornada, os alumnos de 1º curso, visitaron as impresionantes instalacións da empresa Coreti, líder no sector da etiquetaxe comercial en Galicia. Así mesmo, na sede da devandita asociación de empresarios, recibiron unha interesante charla da man da súa Xerente, Ángeles Santos, acompañada da orientadora laboral do concello de Abegondo, Isabel Carro.

Grazas pola sempre cordial acollida.

 

Nova proposta "escaparática"do alumnado do Ciclo, para que veas!

Xa son varias veces que nos sorprenden do mesmo xeito.

Cando menos o agardamos... un ir e vir frenético dos alumnos e alumnas do ciclo baixo a coordinación da súa activa profesora, Sol Seoane.  

Unhas veces para montar un creativo árbore de Nadal, outras para instalar un orixinal escaparate de antroido...

agora (con mensaxe subliminal incluido) o seu escaparate de primaveira , para que vexas!

Non podemos menos  que alabar o traballo de docente e alumnado que con tan precarios medios fan un traballo tan meritorio e de calidade que, dende logo,  temos que agradecer dende o instituto.

En suma, alguén dubida que a Formación Profesional é unha boa alternativa formativa para os nosos xóvenes?  

De ser así convidamoslles á Xornada de Orientación do IES Francisco Aguiar diste ano ( 10 marzo 10,30) onde o aprezado Ex profesor do noso Ciclo, Victoriano Rodríguez, volverá a defender esta opción formativa. 

O Ciclo Superior segue coas visitas de empresas: Arenal e El Progreso de Lugo

Unha vez máis neste curso,  as profesoras Carmen Mato e Sol Seoane programan unha saída do alumnado dos dous cursos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, para coñecer, de primeira man, empresas punteiras perto de nos. 

O xoves 18 de xaneiro, durante toda a mañá, o alumnado terá ocasión de visitar as instalacións en Lugo de Perfumerías Arenal e as liñas de impresión do diario El Progreso de Lugo.

Agardamos, como vén sendo habitual neste curso, a súa crónica da visita. 

Despedida blanca ( con chamada de Florentino incluida): de nube en nube

 

Despedimos al “balón de oro”del departamento de comercio.

No pudimos igualar las condiciones del nuevo equipo "Jubilación".

Feliz nueva vida y gracias por todo.

Sol Seoane

 

 

O CICLO SUPERIOR VISITA PULL&BEAR. CRÓNICA DE CARLOS ENRIQUEZ

El día viernes 15 de diciembre los alumnos cursantes de primer año del ciclo de gestión de ventas y espacios comerciales acudimos a una visita en las instalaciones logísticas de Pull&Bear en Narón. 
La visita tuvo una duración aproximada de 2 horas, recorrimos la nave industrial donde reciben y distribuyen toda la ropa; cabe destacar que en esta etapa fuimos guiados por Isabel.

Nos explicó el funcionamiento del proceso de expedición de los pedidos, los tiempos y métodos de entrega, así como también las pruebas químicas que se le realizan a las prendas antes de distribuirlas que realizada por ella misma. Seguidamente nos trasladamos a otro sector donde otro compañero de trabajo llamado Alberto, nos guio por la zona de diseño y escaparatismo de la tienda junto con las nuevas colecciones. Posteriormente recorrimos las secciones donde se encuentran el personal de e-commerce, el de diseño, el de arquitectura y finalmente el estudio de fotografía. 
Para concluir la visitamos la sala donde hacen las reuniones de las juntas con los directores generales y nos obsequiaron un pequeño pero bonito llabvero. 
Agradecemos mucho toda la colaboración por parte del equipo de Pull&Bear.

Carlos Enriquez

Crónica da visita a Bico de Xeado. 13 XII 2017

O pasado mércores 13 de decembro, os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, coñeceron de primeira man as claves do éxito da marca “Bico de Xeado”.


Nunha completa xornada, e tendo como guía, nada menos que a don  José María Calo, presidente da Cooperativa Provincial de A Coruña,  visitaron as instalacións da Granxa O Cancelo en Miño, e o obrador no polígono industrial de Bergondo.

 

Os alumnos e profesores, percorreron todas as instalación recibiron explicación de todo o proceso de fabricación do  xeado,  e   tiveron a oportunidade de catar 3 novos sabores  que a firma ten pensado sacar ó mercado en breve: mel, castaña e mango.  Ademais, probaron en primicia, o turrón de chocolate,  que dende este Nadal incorpórase ó surtido de productos que Bico de Xeado ofrece nos seus puntos de venda, presentes xa en 22 provincias.

 

Despois de coñecer de cerca esta empresa, non nos estraña o seu éxito, que tal como nos explicou tanto José María Calo, como Jesús Otero, xerente da firma, basease en dous pilares fundamentais: a calidade da materia prima e valor do seu capital humano.

 

Noraboa, e moitas grazas.

Crónica de Sol Seoane

O ciclo regálase cunha empresarial enchenta de...xeado

O mércores 13 de decembro o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais segue co seu percorrer por empresas punteiras e referentes da comarca. Nesta ocasión coñecendo a Granxa  "O Cancelo" e a fábrica  de "Bico de Xeado" que se surte da súa materia prima, un leite da mellor calidade. 

En 2016 e 2017, a Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), apoiou a realización dun proxecto de empresa consistente en melloras tecnolóxicas en obrador de xelados. Con este proxecto a empresa pretendía mellorar a súa capacidade productiva e a súa competitividade.

Hai que pedir, nun día como o que elixiron, que Santa Lucía lles conserve a  vista elexindo empresas ( e máis se lles dan a probar).

Agardamos a súa crónica!

 

 

Distribuir contido