Nova proposta "escaparática"do alumnado do Ciclo, para que veas!
Xa son varias veces que nos sorprenden do mesmo xeito.
Cando menos o agardamos... un ir e vir frenético dos alumnos e alumnas do ciclo baixo a coordinación da súa activa profesora, Sol Seoane.
Unhas veces para montar un creativo árbore de Nadal, outras para instalar un orixinal escaparate de antroido...
agora (con mensaxe subliminal incluido) o seu escaparate de primaveira , para que vexas!
Non podemos menos que alabar o traballo de docente e alumnado que con tan precarios medios fan un traballo tan meritorio e de calidade que, dende logo, temos que agradecer dende o instituto.
En suma, alguén dubida que a Formación Profesional é unha boa alternativa formativa para os nosos xóvenes?
De ser así convidamoslles á Xornada de Orientación do IES Francisco Aguiar diste ano ( 10 marzo 10,30) onde o aprezado Ex profesor do noso Ciclo, Victoriano Rodríguez, volverá a defender esta opción formativa.