Bioloxía e Xeoloxía
Charlas na Semana da Muller e a Nena na Ciencia
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, e concretamente a profesora María Jesús Santamariña, está a organizar unha serie de charlas telemáticas sobre ciencia que teñen como obxectivo espertar vocacións científicas nas nenas e rapazas do noso instituto.
Entre o 10 e o 18 de febreiro celebraremos, pois, a "Semana da Muller e a Ciencia", co fin de promover a cultura científica en feminino e dar recoñecemento ao traballo de mozas científicas galegas, que están a realizar brillantes investigacións no campo das Ciencias Biomédicas e as Ciencias Sociais.
Clase práctica de Anatomía. Disección dunha pata de polo
O alumnado de Anatomía de 1º de Bach atreveuse coa disección dunha pata de polo nas súas casas, levando así á práctica a teoría vista na aula.
Aquí tedes o vídeo feito por Lourdes Nieto Mantiñán, no que se identifican perfectamente os diferentes tecidos que compoñen a patiña do polo.
Noraboa polo traballo feito a toda a clase!
CLUB DE CIENCIAS NOVEMBRO 2020
Enviado por FRC o Lun, 30/11/2020 - 11:24CLUB DE CIENCIAS
XOVES 26 DE NOVEMBRO
Descubrindo un mundo invisible
Laboratorio de Bioloxía Xeoloxía
16:30
Aforo limitado condicionado polo protocolo
Club de Ciencia Aguiar de Outubro. As cores do Outono.
Enviado por Pitusa o Xov, 24/10/2019 - 13:58Estrenamos este curso o 'Club de Ciencia Aguiar' facendo experiencias de cromatografía cas follas que caen dos árbores en outono.
O alumnado con intrépidas/os científicas/os extraeu os pigmentos que tinxen as árbores e o chan da paleta de cores otoñal.
Organizou o obradoiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía con Laura Álvarez, Miguel Orosa e Chus Santamariña.
Galería fotográfica do club de ciencia de marzo 'Somos o que comemos'
Enviado por Anónimo o Ven, 12/04/2019 - 17:51Próximas reunións do Club de Ciencia: 'Somos o que comemos'
|
Organizado polos departamento de Bioloxía e Xeoloxía da man de Chus Santamariña e Emilio Duque. Inscríbete na túa aula de clase ou en vicedirección indicando a vosa preferencia de día para asistir (luns 25 ou xoves 28). Como prevemos que haxa un bó número de inscritos, e para poder atendervos mellor, realizaremos a mesma actividade os dous días e seredes convocados para un deles conforme as vosas preferencias e amizades. |
Charla conmemorativa día da muller e da nena na ciencia
O luns 11 de febreiro, no día Internacional da muller e da nena na ciencia: Charla destinada a 1ºBAC A e B a cargo de Patricia Merino Pérez, Ingeniera de la energía y máster en Ciencia e Ingeniería de materiales. No salón de actos de 10:25 a 11:15. Coordinada por Chus Santamariña do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Ilustración: Isabel Ruiz Ruiz é autora e ilustradora en ILUSTROPOS e directora de fotografía no GRUPO SPCIE FILMS . Na súa web podedes ver o seu maravilloso traballo.
O AGUIAR CONTRA A DEFORESTACIÓN. Periodistas do Aguiar
IES Francisco Aguiar en la lucha contra la deforestación
“Este traballo ten como obxetivo, facer do mundo un lugar mellor,
porque con isto saimos de aquí sendo mellores persoas”, nos dice Emilio Duque
JAIME CARRO FIGUEROA, AINHOA CRESPO SÁNCHEZ, AROA GÓMEZ RAÑALES, NATALIA BAROSO CORTIZAS
BETANZOS / IES FRANCISCO AGUIAR 13/12/2018
En el IES Francisco Aguiar existe un programa de recogida de papel, que se efectúa semanalmente. Dicho programa nos conciencia a los adolescentes del gran problema que tiene el excesivo uso de papel. Este trabajo lo coordina Emilio Duque, profesor de Biología y Geología. “Cando eu cheguei xa recollían o papel pero empecéi a organizalo eu, ademais eu reciclo todo”, nos cuenta Emilio.
Este proceso se lleva a cabo colocando cajas en aulas y pasillos en las que se tira el papel que se pueda reciclar y unos alumnos de la tutoría de Emilio (siempre siendo voluntarios) pasan por las clases a recogerlo y lo llevan al contenedor azul de la entrada del instituto. Pero últimamente está habiendo un problema y es que en las papeleras de papel de cada pasillo está apareciendo otro tipo de basura.
“Este traballo ten como obxetivo, facer do mundo un lugar mellor, porque con isto saimos de aquí sendo mellores persoas”, nos dice Emilio que es una persona muy volcada con el tema del medio ambiente.
PAG's é un proxecto ( de nome mellorable) do IES Francisco Aguiar para incentivar o traballo como periodistas do noso alumnado.
Elaboran periódicamente, para a páxina web do instituto, unha noticia do seu interese
baixo a coordinación e orientación de profesorado do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »