Bioloxía e Xeoloxía
Saída didáctica á Domus.
O vindeiro venres 16/12 o alumnado de B2C e B2D coa optativa de Bioloxía visitará a Domus, na Coruña, onde terán ocasión de facer prácticas de laboratorio.
Itinerario Didáctico pola Serra de Forgoselo
Enviado por carlos o Xov, 05/05/2022 - 10:53A serra do Forgoselo, no concello de San Sadurniño, atópase no extremo sur do proxecto de xeoparque Cabo Ortegal. Os fenómenos graníticos como pedras cabaleiras e abaladoiras, birlos, pías e cacholas obsérvanse en todo o macizo, onde tamén se atopan lagoas e turbeiras naturais. Está declarado Lugar de Interés Comunitario.
Roteiro pola serra de Forgoselo
A saída pretende realizar un estudo da modelaxe granítica, traballar cun mapa topográfico e completar un estudo medioambiental da zona: gandaría extensiva, impacto da enerxía eólica e a rexeneración da mina das Pontes.
Club de Ciencias - "Creando ecosistemas"
Enviado por carlos o Xov, 02/12/2021 - 11:54
O luns 30 de novembro e mércores 1 de decembro no club de ciencia do Aguiar estivemos creando ecosistemas: un estanque no xardín e pequenos terrarios en botes de cristal.
Un estanque, por pequeno que sexa, é un mundo acuático rebosante de vida materializada nas formas máis diversas que se poida imaxinar. Estraños insectos, anfibios de complexos ciclos vitais, minúsculos microorganismos planctónicos son algúns dos seus habitantes. Desde o punto de vista didáctico, ofrece a ocasión de gozar observando o asombroso equilibrio ecolóxico que se desenvolve neles.
Conferencia de Sonia Villapol
No día de onte, martes 17 de novembro, Sonia Villapol deu unha conferencia no noso centro sobre a pandemia de COVID.
A investigadora lucense Sonia Villapol (Bretoña, 1977) estudou o bacharelato no instituto de Meira, licenciouse en Bioloxía na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (2003) e doutorouse na especialidade de Neurociencias na Univesitat Atónoma de Barcelona. Na actualidade traballa no Texas Medical Center de Houston como investigadora principal e profesora. Forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19, COV-irt.org, no que coordina o equipo de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro.
Conferencias no mes da Ciencia en Galego (II)
A Institución Galega de Ciencia ofrece unha serie de charlas sobre temas científicas.
A segunda charla desenvolverase no Salón de Actos o martes 23 ás 12 horas e versará sobre o COVID. O título da conferencia é Química e vida.
A conferencia será impartida por Maria Del Pilar Bermejo Barrera, Decana da Fac. de Quimica da USC
Agora que chega o verán, fornos solares no Club de Ciencia
Enviado por Pitusa o Mar, 22/06/2021 - 10:16"SON AGUIAR" Hoxe no recreo falamos de... ECOLOXÍA con Celtia
13 de febreiro. Celebramos.... o DÍA DA RADIO.
Que mellor maneira que botando de novo a andar a nosa radio, "SON AGUIAR" !!
Para este retorno radiofónico contamos con tres
espilidas
esperanzadoras
especiais
espumantes
reporteiras:
emma,sofia,paula
Lorena Boquete, científica - Semana da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por carlos o Xov, 11/02/2021 - 13:30Onte mércores, día 10 de febreiro, a científica Lorena Boquete falou ao alumnado do noso centro sobre a "Tecnoloxía CRISPR".
Lorena Boquete é unha investigadora galega en cancro no proxecto Astra - Zeneca do Laboratorio de Bioloxía Molecular asociado á Universidade de Cambridge.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »