Inglés
`Betanzos from the world' video contribucións do alumnado en inglés para a promoción de #Betanzos800 na rede
O alumnado de inglés, da man da súa profesora Elena Lagoa Freire nos sorprende cuns videos de promoción de Betanzos narrados polo alumnado que sorprenden por contido e dominio do idioma.
Congratulations everybody!
Photo gallery english theatre: 'The end of the beginning' by moving on theatre company . ESO 3rd & 4th
Enviado por Pitusa o Mar, 30/04/2019 - 13:30Preme na fotografía e navega coas frechas ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro.
English theatre: 'The end of the beginning' by 'Moving On' theatre company . ESO 3rd & 4th
Teatro en el salón de actos del centro destinado a alumnado de 3º y 4º de la ESO. Organizado por el Departamento de Inglés . A compañía teatral 'Moving On' representará a obra 'The end of the beginnig' que trata de forma irónica un tema de actualidade como é o Brexit. Horarios: 1ª sesión 3º ESO 10:40 2ª sesión 4º ESO 12:00 |
Convocatoria pais/nais/titores/titoras do futuro alumnado de 4º ESO curso 2019/2020 a unha reunión explicativa da 'Viaxe a Londres 2019'
Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado que cursará 4º de ESO no vindeiro curso 2019/2020, a unha reunión informativa o vindeiro xoves 7 de febreiro de 18:00 a 18:30 no salón de actos do IES Francisco Aguiar para falar da organización dunha 'Viaxe a Londres 2019'.
Gañadores/as do Christmas Cards Contest 2018
Enviado por Anónimo o Lun, 17/12/2018 - 23:59Comprácenos anunciar os galardoados/as polo seu bó facer e a súa creatividade no Christmas Cards Contest 2018. A gañadora do concurso é Alba Roca Maceira por unha traballadísima postal cun árbore de nadal. O alumno Etienne Sánchez Porta leva unha mención especial pola estética do seu sinxelo Papá Noel, e L. Valentina Rufino Amor outra mención especial pola simpática mensaxe da súa postal. A eles e a todos os/as participantes gracias por contaxiarnos do seu espírito festivo e por axudar a decorar o centro nestas anheladas (polas vacacións entre outras cousas) datas.
Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.
Christmas cards contest 2018
Coma vén sendo habitual por estas datas, o departamento de inglés convoca un concurso de postais de nadal na lingua de Shakespeare. Creatividade, bo facer e espírito festivo combínanse nas creacións do alumnado que queremos compartir con vós nestas fotografías. Preme na primeira imaxe e navega cas frechas para visualizalas mellor.
Tamén podes visualizalas na galería fotográfica do centro dentro do apartado Actividades 2018-2019.
Dear students: Great job!
Viaxe a Londres. Primeira fotografía.
Comeza a chegar algunha fotografía do alumnado de viaxe en Londres. A medida que envíen máis subirémolas á galería fotográfica do centro. Desexamos que, agora que os problemas ca equipaxe se solucionaron, desfruten sen máis contratempos dunha enriquecedora e agradable experiencia.
Para ver a mellor calidade, pincha na imaxe. A verdade, é que mirando as expresións dos protagonistas da fotografía só lles falta poñer "Aquí sufrindo".
Agrqdecemento á Delegación do Goberno da Coruña
Corresponde expresar públicamente toda a gratitude á Delegación do Goberno da Coruña polas xestións para axilizar a restitución das maletas á expedición do IES Francsico Aguiar.
A Delegación do Goberno comunicou que as maletas chegaron ao Aeroporto de Gatwick ás 9:55.
Esperemos que pronto dispoñan dos equipaxes no hotel para comodidade de todos, e tranquilidade das familias.
Comunicado tranquilizador sobre a viaxe a Londres
A compañía aérea non embarcou as maletas dos nosos alumnos e profesores por exceso de carga.
Onte, os profesores tiveron que buscar onde conseguir as medicacións dalgúns dos alumnos...e, finalmente, as conseguiron.
O telefóno móvil de contacto do IES, neste momento, non responde porque, o prioritario para os profesores é atender ás potenciais situcións de emerxencias.
[Tamén é certo que o cargador do teléfono quedou nunha das maletas]
Esta mañá aseguran que a situación está controlada, polo tanto, respiremos e deixémolos respirar o aire británico.
Probablemente, de volta, esta sexa unha das anédcotas que contar... e non a máis interesante.
Viaxe Londres 2018
Do 10 ao 16 de outubro o Departamento de Inglés organiza unha viaxe a Londres con alumnos/as de 4º da ESO. Acompañan ao alumnado Elvira Charlín, Ana Ruíz, Ana Vicos e José Antonio Varela.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »