3º ESO

Roteiro Rosaliano con 3º de ESO

14/03/2023
Etc/GMT+2

O 14 de marzo os grupos de 3º de ESO A, D e E realizan un roteiro rosaliano, visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego.

A cita repítese para os outros dous grupos de 3º de ESO o día 21 de marzo.

A Casa de Rosalía - Fundación Rosalía de Castro

 

 

visita á exposición "Pingas de Humor Crítico", de Andrade

23/02/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de ESO asiste á exposición "Pingas de Humor Crítico", a cargo do debuxante Andrade, no Edificio Liceo.

RCP na aula

 

Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado da ESO e 1° de Bacharelato participou na actividade "RCP na aula", que forma parte do Plan Proxecta e está incluída este ano no Club de Ciencia.

 

O CEFORE cedeu dous maniquíes e un desfibrilador de prácticas para realizar a actividade. Os maniquíes do CEFORE complementaron o adquirido polo centro en datas próximas. 

Álbum: Curso 22-23 -> RCP na aula_22_23

Concurso de debate na Fundación Barrié

26/01/2023
Etc/GMT+2

Ao longo do xoves, unha selección de alumnado da materia de Oratoria, de 3º de ESO, particpará no concurso de debate, organizado pola Fundación Barrié de la Maza.

Visita guiada Betanzos Medieval [Suspendida]

27/01/2023 10:35
27/01/2023 12:15
Etc/GMT+2

Un dos grupos de terceiro de ESO fará unha visita guiada en Betanzos para relacionar a música e a cultura da Idade Media coa arte. 

Obradoiro sobre prevención da drogacción para o alumnado da ESO (4)

08/02/2023 07:35
08/02/2023 10:20
Etc/GMT+2

O alumnado de E3B, E3C e E3D recibe hoxe un obradoiro sobre drogas sintéticas, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.

Obradoiro sobre prevención da drogadicción para alumnado de ESO (3)

06/02/2022 07:35
06/02/2022 10:20
Etc/GMT+2

O alumnado de E2C e E2D recibe hoxe un obradoiro sobre cannabis e sobre drogas sintéticas (no caso de E3A/E), a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.

Cine en inglés, no teatro Alfonsetti

20/12/2022 07:00
20/12/2022 10:00
Etc/GMT+2

Os grupos de 3° e 4° de ESO asisten ao teatro Alfonsetti para ver unha película en inglés. 

Programa Publigualdade, impartido pola ASEDUC

09/12/2022
14/12/2022
Etc/GMT+2

Iníciase o programa  PUBLIGUALDADE, que se estenderá até o 14 de decembro e que se dirixe aos grupos de 3º de ESO

Publigualdade é un programa subvencionado pola Deputación da Coruña, co cal se pretende sensibilizar á mocidade sobre a igualdade e a violencia de xénero e mesturar os coñecementos que posúen xunto as ferramentas publicitarias, para poder coñecer os efectos negativos das mesmas.

 

Este é o calendario das sesións:

Visita guiada sobre instrumentos musicais medievais

02/12/2022 10:35
02/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

Un dos grupos de terceiro de ESO fará unha guiada guiada en Betanzos sobre instrumentos musicais medievais.

Distribuir contido