Matemáticas

XI Feira Matemática. 22.IV.2017

O sábado 22 de abril, 17 alumnos e alumnas do Aguiar, acompañados polos profesores Cheché Varela e Diego Félix Armesto,  estan a participar durante toda a xornada na XI Feira Matemática que se celebra nas instalacións de Palexco en A Coruña.  

Sudokus xigantes, xogos matemáticos e hipercubos son algunhas das aportacións do noso alumnado e profesorado á Feira. 

Dende arriba(the Eye) ou por abaixo( the Tube)...forever London

 

Pois non hai dúbida, polas imaxes que envían os nosos arriscados aventureiros bilingües londinenses, que a súa viaxe lles está permitindo coñecer Londres dende todos os puntos de vista.

Un dos máis impactantes é o que permite a xigantesca noria á beira do Támesis que se coñece como "o ollo", The Eye.

Pero tamén é preciso, para coñecer Londres, entrar no seu metro, The Tube.

Esta grande rede de transporte subterránea é un dos mellores escaparates dunha sociedade multicultural, de múltiples manifestacións artísticas máis o menos alternativas e, por descontado, indispensable para os traslados nunha grande cidade como é Londres. 

 

 

Viaxe a Londres da sección bilingüe. Canto cabe visitar nun primeiro día!

Enfrontados á mole do Museo Victoria and Albert

Contemplando as reproduccións  de monumentos do mundo enteiro:

os púlpitos de Nicola Pisano,a columna Trajana, o David de Miguel Ángel

o unha reproduccíon do Pórtigo da Gloria da nosa Catedral de Santiago

( por certo cando fixeron o vaciado a finais do XIX deterioraron parte dos poucos restos de policromía que quedaban no Pórtico....AnoxadoIngleses!) .

O museo de Ciencias Naturais: da paleontología á máis moderna ciencia

Ao remate dun día tan intenso e museísticamente currado....

¿quen merece realmente un monumento? 

NÓS!!!!!

Para mañá máis....?

YES, WE CAN!

Imaxes do "bilingual weekend" en Alvarella 6-7-8 maio 2016

O noso correspondente en Alvarella envíanos estas imaxes da fin de semana dos alumnos de bilingüe de 3º da ESO.

 

Bilingual weekend 2016

Un ano máis o alumnado de 3º da sección bilingüe de matemáticas, coordinados polo seu profesor Cheché Varela, disfrutarán dun fin de semana en Alvarella

Coñecemento do patrimonio natural e cultural, actividades de ciencia, saídas á natureza.... lecer e disfrute ...pero todo "in english, please".

O Aguiar na X Feira matemática

Un ano máis o Departamento de Matemáticas do noso Instituto presenta a súa participación na Feira Matemática que organiza AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas)

Nesta ocasión presentámonos con dúas actividades. Por unha banda un clásico, a resolución de sudokus xigantes que presentaron un grupo de alumnos co profesor José Antonio Varela (Cheché).

Por outra banda, a novidade que puidemos coñecer na V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía presentada polo profesor Diego Félix Armesto e un entusiasta grupo de alumnos de 1º da ESO: a elaboración de hipercubos.

O éxito foi abrumador  se atendemos a afluencia de visitantes interesados polas actividades que presentaban os nosos compañeiros.

Parabéns a alumnado e profesores!

YINCANA MATEMÁTICA NA IV SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

 Unha das máis emocionantes actividades da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía,  entre o 13 e o 17 de abril,   foi a Yincana Matemática  

 

  EQUIPOS GAÑADORES: fixeron o maior nº de probas correctas en menos tempo

 

CATEGORÍA 1ºESO: as 7 probas en 45'

 

EQUIPO 8 Claudia Bouzón B
Mateo Gestal B
Alejandro Moreira B
Cristina Roca B
Antón Pena D
Julia Montes D
Marcos Rivas D


CATEGORÍA 2ºESO: 6 probas superadas en 50'

 

EQUIPO 4 Jesús Fraguío 2ºA
Manuel García 2ºA
Paula Espada 2ºA
Carla Castro 2ºA
Evelyne Owona 2ºC
Nicolás Pardiñas 2ºC
Irene Quintela 2ºC
Jorge Piñero

2ºC

NOTA:

 Os equipos gañadores deron conta do suculento premio con cara de evidente felicidade. Poucas veces as matemáticas foran tan reconfortantes.

O Aguiar na XIII Feira Matemática de A Coruña

A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) acaba de organizar o 26 de abril de 2014 en Palexco a XIII Feira Matemática.

O obxectivo desta xornada é divulgar e afondar no ensino-aprendizaxe das matemáticas e acadar unha intercomunicación social, matemática, lúdica, prática e agradable, animando a nenos, nenas e maiores a resolver problemas matemáticos diversos.

Continuando coa tradicional participación do "Aguiar" nesta iniciativa o pasado 26 de abril desprazouse "de sudokus pertrechada" unha, pequena pero ilustre, representación do noso Instituto: Gala Sofía Sánchez, Icía Carro e o profesor Cheché Varela


Pasamento de Dna Mª Carmen González Madrid

Acabamos de recibir a noticia do pasamento de Dna Carmen González Madrid. Ela foi unha pioneira no ensino. Chegou á nosa cidade  co seu marido, o tamén lembrado, Dn. José Antonio Miguez,  dende Talavera de la Reina,  da que era oriunda. 

Baixo a dirección de Agustín Folla Leis, titular de Ciencias de la Naturaleza, outros siete docentes,  entre eles Dna Carmen González Madrid, forman o equipo docente fundador do Instituto Francisco Aguiar . A profesora de Matemáticas, María del Carmen González Madrid, era a única muller que impartía ensino secundario en Betanzos naquel primeiro curso 1952-1953. Tamén foi directora do  Francisco Aguiar. E impartíu clases no Instituto ata a súa xubilación.

En recoñecemento a este labor pioneiro recibíu no marzo do pasado ano 2012 o premio "Úrsula de Tejada" con que o Concello de Betanzos distingue a quen traballou pola igualdade entre homes e mulleres

O funeral terá lugar mañá, xoves, ás 12 h.  na Igrexa de Santiago en Betanzos.


Distribuir contido