REFLEXIONAMOS SOBRE “ESTEREOTIPOS EN CONTIDO AUDIOVISUAL”

 

Gemma Castelo Martelo e Yaiza Freire Pereira, alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, estiveron a realizar nas últimas semanas unha presentación sobre   "Estereotipos en contido audiovisual" en todas as titorías 1º de  ESO en colaboración co Departamento de Orientación.

A presentación centrouse nos estereotipos de xénero nas películas e series para público xuvenil, proporcionando ferramentas para que os alumnos podan identificar estes estereotipos e adopten unha actitude crítica na visualización deste tipo de contidos.

Por outra banda, para as alumnas que realizan a ponencia, trátase  de mellorar a súa estratexia comunicativa, aprender a falar en público con naturalidade e soltura, utilizando unha linguaxe  verbal  e corporal como ferramenta de persuasión, para transmitir credibilidade; así como estar preparados para interactuar cun público desoñecido.

Parabéns pola iniciativa.