Blogues

Rede Galega de Educación Dixital

Centro asesor da Rede Galega de Educación Dixital

DixitalGal

Asesora ADIX : Mª del Carmen Núñez Faraldo

contacto: adix3.coruna4@edu.xunta.gal

Teléfono ADIX: 881 960 188

 

A importancia dos Primeiros Auxilios coa Cruz Vermella de Betanzos

O 12 de abril os alumnos de 1º curso de Marketing e Publicidade tiveron un taller destinado a enriquecer os seus coñecementos e habilidades no ámbito dos primeiros auxilios, co fin de que sexan quen de actuar de forma efectiva en situación de emerxencia.

Durante a primeira parte da sesión, afondamos nos fundamentos teóricos dos primeiros auxilios, abordando conceptos clave relacionados coa identificación de riscos, as causas dos accidentes e os procedementos adecuados para abordar cada tipo de situación de emerxencia.

 

A segunda parte do taller, de natureza totalmente práctica, proporcionounos a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos nun entorno simulado de situacións de emerxencia. Neste contexto, os estudantes enfrontáronse a escenarios simulados de feridos inconscientes que requirían reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico. Ademais, abordáronse situación de atragoamento e comprobamos como realizar adecuadamente a manobra de Heimlich para desobstruír as vías respiratorias.

Agradecemos á Cruz Vermella de Betanzos a súa colaboración e dedicación na formación dos nosos estudantes neste aspecto crucial para a seguridade e o benestar da comunidade.

DESCUBRIMOS O MUNDO EMPRESARIAL: VISITA DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS A DA VEIGA (Chantada)

Unha xornada moi enriquecedora na que tivemos a ocasión de mergullarnos no mundo empresarial a través da visita a Da Veiga, que ofreceu ó alumnado dos Ciclos de Comercio e Marketing unha visión integral do proceso produtivo da compañía e unha inmersión nos fundamentos nos que se basea o seu éxito.

Xosé Lois Llamazares, Coordinador Xeral de Da Veiga, revelounos os elementos esenciais na creación da empresa e a misión e valores que a impulsan, destacando o compromiso coa contorna, a  sostenibilidade e a innovación. Ademais, achegounos información técnica dos seus desafíos e logros mais recentes.

Posteriormente realizamos un pormenorizado detallado polas instalacións, onde observamos cada fase do proceso produtivo, destacando os rigorosos estándares de calidade e a eficiencia na produción.
Con esta experiencia Da Veiga amósasenos como un exemplo inspirador de éxito empresarial que motiva ó alumnado a traballar pola excelencia nas súas futuras carreiras profesionais.

Os nomes das plantas dos parques de Betanzos

O alumnado de Fundamentos Léxicos de 1º de Bacharelato realizou un traballo analizando os nomes das plantas dos parques de Betanzos.

Este proxecto é unha colaboración do Departamento de Grego e o Departamento de Bioloxía.

 

 

 

Escaparates en miniatura

 Os nosos estudantes do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais estiveron a traballar na creación de maquetas de escaparates.

Coa finalidade de darle un enfoque sostible ao proxecto e fomentar a conciencia ambiental e responsabilidade social, na elaboración das maquetas, utilizaron materiais reciclados que combinaron con técnicas de deseño innovadoras, demostrando a súa creatividade e habilidade para traballar con recursos limitados.

Rematadas as maquetas presentáronse nunha exposición dentro das instalacións do instituto. Estes “pequenos escaparates” representan, de xeito atractivo, productos e servizos de diversos sectores, e cada un deles amosa, ademáis, unha pequena historia única.

Noraboa ós alumnos e alumnas polo seu compromiso e dedicación neste proxecto e á profesora polo apoio e orientación durante o proceso de creación.

 

Concours gastronomique 2023

O pasado 27 de marzo fixemos un concurso de cociña no que diferentes alumnos de francés de 1º a 3º da ESO convidáronnos a unha cata de comida típica de diferentes rexións francófonas; unha forma diferente de coñecer unha nova cultura empregando os sentidos. 

Como resultado tivemos ocasión de probar diversos pratos exquisitos que nos deixaron con bo sabor de boca.

 

Aquí temos ás persoas que gañaron o concurso:

3º posto:  Flan parisien 

Paula Fernández Rey (1ºESO D)

 

 2º posto: Financiers 

Alba Vázquez Vilariño e Paula Vidal Carro (3º ESO B)

 

1º posto: Chalotte aux fraises

Daniela Barallobre Carro, Mar Rivas Gómez e Lara Velo Sánchez (3º ESO B)

 

 

TOUTES NOS FELICITATIONS!

Visita ao centro loxístico de PULL&BEAR

O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou o centro loxístico da empresa téxtil Pull&Bear, pertencente ó grupo Inditex, situado no Polígono industrial Rio do Pozo de Narón.

Nun percorrido de cerca de catro  horas, guiado de xeito moi ameno por Marta e Laura, tivemos a oportunidade de coñecer as particularidades e requirimentos loxísticos dunha actividade comercial permanentemente conectada coas máis  de 900 tendas que a firma ten en todo o  mundo.

Comezamos a visita na área de aprovisionamento, recepción e expedición de mercancías, nave completamente robotizada e dotada de alta tecnoloxía. Continuamos polas oficinas centrais, ubicadas nunha moderna e ecoeficiente edificación, que alberga as áreas de administración, deseño e patronaxe, marketing e comunicación. Tamén visitamos a tenda piloto onde se determinan as implatacións de produtos, departamento de e-commerce e plató de fotografía e gravación. 

A actividade foi moi aproveitada polo alumnado que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha das maiores empresas galegas, con gran presenza internacional.

TALLER “FONTES DE FINANCIAMENTO DA EMPRESA”

Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior da obra social Abanca, impartiu o taller sobre fontes de financiamento na empresa dentro do programa de educación financeira de Afundación.

Compartiu co alumnado do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais as tres decisións clave para unha empresa: os recursos, en que se invisten e quen os xestionan, así como as alternativas de financiamento da empresa e os seus custos.

Mención especial foi a conta de resultados como xeradora de recursos financeiros e a obtención de beneficios como medio de supervivencia da empresa, non como un fin en si mesmo.

Agradecemos a oportunidade de acceder á información e ó saber facer da entidade.

EROSKI: IMPLANTACIÓN DO PRODUTO NO PUNTO DE VENDA

O 22 de novembro, por segundo ano consecutivo, Eroski Betanzos brindou ós alumnos e alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a oportunidade de coñecer, de primeira man, o modelo de implantación do produtos nas diferentes seccións do hipermercado.

Ó longo da visita acompañounos o encargado do establecemento, quen analizou a metodoloxía de distribución dos productos nos lineais, as promocións temporais e a organización loxística.

Brindounos a oportunidade de comprobar a realidade das técnicas de xestión e implantación do surtido, a organización do almacén e de analizar o sistema de solución de problemas de abastecemento ou escesos de stock.

Agradecemos o tempo e a atención a Adolfo Silva, encargado de tenda e a Eva Capelete do derpartamento de Relacións Sociais e Prevención.

Distribuir contido