Escaparate Nadal: CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Enviado por chus.pardo o Sáb, 25/12/2021 - 21:05
![](/centros/iesfranciscoaguiar/system/files/u63/Escaparate%20nadal.jpg)
O alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Francisco Aguiar deseñou un escaparate que se pode ver no primeiro andar. Na montaxe recrease a vitrina dunha libraría, á que se lle aporta un aire festivo con motivo das celebracións do Nadal.
A premisa coa que se traballou na súa confección foi a de usar, case en exclusiva, materiais que se poden atopar nunha papelaría, así como a reutilización de elementos que xa formaron parte doutros escaparates feitos por alumnado do centro.
![](/centros/iesfranciscoaguiar/system/files/u63/Foto%20escaparate%20primeiro%20plano.jpg)
Na vitrina tamén se incluiron dous modelos de embarcacións galegas realizados cunha impresora 3D dentro do proxecto Fasquía 3D, no que participa o centro.