Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Xaneiro 19, 2022 »
Mér
Start: 19/01/2022 18:39

 

 

   Dous son os motivos polos que o noso [ex] alumno, o historiador Ángel Arcay, leva varios días ocupando titulares de prensa

  1. ) ven de presentar o libro Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza e
  2. ) acaba de obter o Premio Hume de ensaio por un estudo que, tras analizar a alta porcentaxe de embarazos fóra do matrimonio nos séculos XVIII e XIX, demostra que algunhas mulleres, desde o seu comportamento heterodoxo, souberon vivir unha sexualidade consciente, o que as convirte nunhas pioneiras do feminismo en Galicia.

  O lector pode escoller (ou non) entre a compra deste receitario histórico e a lectura deste traballo de investigación sobre as mulleres “espontaneadas”, un fenómeno exclusivo da lexislación galega ao que podían acollerse mulleres solteiras ou viúvas, no caso de engravidaren, para que o alcalde aceptase a autoinculpación e expedise un salvoconducto que lles permitise non seren incomodadas por ningunha autoridade. 

   Parabéns, Ángel!

Distribuir contido