Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Start: 06/10/2021 16:18
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... SARA SEOANE ABELENDA, PROFESORA TITULAR DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO Fai non moito frecuentaba corredor e aulas no noso IES. Como moitos dos nosos alumnos que compatibilizan, con tanto esforzo e dificultades, os estudos musicais e Secundaria e Bacharelato, procuraba atoparlle horas ao día para estudar no Conservatorio de A Coruña e acudir aos ensaios da Banda Municipal. Agora sabemos, lendo unha entrevista en SaxRules, que Sara Seoane Abelenda volve a Galicia para ensinar os misterios do saxofón no Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Reciba os nosos máis sentidos parabéns, a ritmo de Vivaldi! |