Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Start: 22/09/2021 16:14
Incluída no Proxecto lector do Centro, HORA DE LER é unha das actividades pensadas para promocionar o hábito de lectura entre o noso alumnado. Esta actividade consiste en dedicar os quince primeiros minutos das clases do alumnado de ESO, segundo o calendario que será divulgado semanalmente na web do centro, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). Transmitir o pracer por ler é parte da nosa responsabilidade. Cando lemos con entusiasmo os textos que nos gustan, provocamos interese e transmitimos emoción pola lectura. Na Hora de ler ten cabida calquera tipo de texto (non só os textos literarios) que os docentes considere motivador, interesante, fermoso... A partir da semana vindeira comezaremos a publicar na páxina web do centro (e en Alto Risco , o blog da Biblio) o calendario e as suxestións semanais de lectura. Lecturas, por suposto, abertas a toda a comunidade educativa. O equipo da biblioteca. |