Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Marzo 07, 2021
Start: 07/03/2021 15:15

 

 

 

21ª SEMANA 
 
[3º SESIÓN]
 
 
Ler todos os días (tamén nesta semana) a Inma López Silva, ou ben as nosas alumnas Irene Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga, ou Andrea Solís para que non se volvan repetir historias de anulación como a que padeceu Zenobia Camprubí.
Mulleres que escriben sobre mulleres: Rosa Huertas sobre Clara Campoamor, Hélène Merle-Béral sobre a Premio Nobel de Química, Irène Joliot-Curie 
Luns Marzo 08, 2021
Start: 08/03/2021 18:36

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS E TAMÉN AOS ANDEIS DA NOSA BIBLIOTECA

O último libro publicado por Óscar García Ramos do que reproducimos, como xogada de apertura, un soneto, e a introdución na que Xosé Luís Mosquera Camba prevé ao lector sobre o risco inmediato de xaque mate.

 

ÓSCAR GARCÍA RAMOS, Trovei pra ti um soneto, Urutau, Poio, 2020, 58 páxinas.

 

 

 

 

 

 

NUNHA AULA EN SILENCIO

 

A toda/os as profes que non

 

Roubándolle as eclipses aos paxaros

nas glotes numeradas acontece

silencio de cronopios que ofrece

heurísticas leccións de desamparo

 

Levando a autoridade como faro

debullan taxonómicas sandeces

declina ‘orixinal’ quiñentas veces

curiosidade rima con descaro

 

Fanada escuma das metamorfoses

liturxia dos letargos alitera

performance do silencio en esclerose

 

que soños e devezos eviscera

No lombo da silenciosa necrose

o verbo non ganduxa xa quimeras

 

    Sonetos. En aparencia unha sinxela arquitectura a base de hendecasílabos. Hendecasílabos? Agora entendo ben o que significa meterse en camisa de once varas! Agora comprendo que dicir sonetos é o mesmo que dicir física cuántica, estar vivo e morto ao mesmo tempo, simultáneamente subir e baixar a escaleira. Que sibilino Óscar García Ramos! Non é un poeta, non, é máis do que iso: un xadrecista poeta!!! E tardei en compréndelo, ou sexa, tardei máis do debido e non tiven xa escapatoria. Cando quixen remexerme xa me tiña atrapado no seu taboleiro de sonetor en posición de xaque mate. É por isto que o que aquí escribo, caro lector, vén sendo unha advertencia. Atención pois con este autor que se nos achega sen sentilo e nos musita case sen querer, cunha súa expresión de tímido atrevemento, algo tan indecente como “Trovei pra ti un soneto”. Xa non tes nada que facer, xa es o gato metido na caixa. 

   Cos seus cuartetos (ou sirventeses) e tercetos vai tramando pouco a pouco a súa orixinal visión poética, un seu universo que vai expandíndose case imperceptibelmente con ese ritmo repetitivo ABBA etc., coas súas sutilezas ou pequeñas variacións, con constancia, con paciencia. Para que présas! Total xa estamos mortos (maldito e bendito Óscar!). 

   E si, aquí estou eu definitivamente derrotado intentando escribir sobre cousas das que nada sei porque non sabía que non sabía nada délas. Non sabía que nada sabía de sonetos (sonetor) nin sabía que nada sabía de xadrez e, moito peor, non sabía que Óscar quería que eu escribise aquí precisamente por iso, porque el si sabía que eu nada sabía. En fin, puro Schrodinger, e se non, puro Cheshire, e, en último caso, gato galego e punto. 

   Tardei en ver o taboleiro, as pezas, os movementos, o xogador... Cego! Pero aínda así non era escusa, tamén Borges, e que ben viu. Os sonetos de Borges, o seu xadrez de hendecasílabos. E entón —xa vos dixen, era tarde!— comecei a entender: a Maga, os seus movementos de cabalo de xadrez, de torre (Cortázar dixit); Pizarnik, dispoñendo os días como fronte a un taboleiro de xadrez; por que non tamén esa partida mar xista, esa loita de contrarios (brancas e negras)? Por que non, radicalmente, esa partida definitiva entre a presenza e a ausencia, entre a vida e a morte? 

XOSÉ LUÍS MOSQUERA CAMBA

Martes Marzo 09, 2021
Start: 09/03/2021 15:29

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

A noticia da publicación da última tradución ao galego do profesor Francisco Calaza.

XENOFONTE E PSEUDO-XENOFONTE, Constitución dos lacedomonios e Constitución dos atenienses, Rinoceronte, Cangas, 2021, 68 páxinas.

 

***

 

TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO, INTRODUCIÓN E NOTAS JOSÉ FRANCISCO CALAZA FERNÁNDEZ 

    O século V a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. É neste tempo cando empeza a xurdir a reflexión arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os acontecementos históricos nos que se verán envoltas as distintas cidades–estado serán decisivos na historia de Grecia e terán grandes repercusións na posterior cultura occidental. Xenofonte considera que a Guerra do Peloponeso e os distintos acontecementos da segunda metade do século v serán a orixe de todos os males dese tempo. Na Constitución dos Lacedemonios, Xenofonte representa os ideais oligárquicos de Esparta á vista das consecuencias da Guerra do Peloponeso. O modelo que el propón baséase nas reformas instituídas por Licurgo. Na Constitución dos Atenienses, o autor analiza desde un punto de vista moi crítico o réxime da democracia partindo das bases do poder do estado ateniense que se configura durante a Pentecontencia, período que abrangue desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica no 480 a.n.e. até o inicio da Guerra do Peloponeso, no 433 a.n.e. Presenta este modelo de goberno como un réxime eficaz pero corrupto ao mesmo tempo. O obxectivo do autor é chegar ao concepto de eunomía ou goberno dos mellores.

Domingo Marzo 14, 2021
Start: 14/03/2021 17:33

 


 

 

22ª SEMANA 
 
[4º SESIÓN]
 
 
No pequeno óleo de David Teniers II (1610-1690), os gatos len a partitura ante a mirada atenta dun moucho, mentras o mono oboísta enche de música a estancia.
 
A música sona tamén nas suxestións de lectura desta semana: o saxo de Charlie Parker no relato de Julio Cortázar e do seu émulo no relato de Manuel Rivas.
Luns Marzo 15, 2021
Start: 15/03/2021 10:35
End: 15/03/2021 12:15

O vindeiro 15 de marzo, das 12:35 ás 14:15, a associación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a primeira sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.

Martes Marzo 16, 2021
Start: 16/03/2021 14:00
End: 16/03/2021 15:30

A empresa Orballo, representada por Óscar Torres (responsable de comunicación e Marketing de Orballo) impartirá unha conferencia, dirixida ao alumnado de 1º do Ciclo formativo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, cos seguintes obxectivos:

  • Favorecer o contacto entre empresas da contorna e o alumnado de 1º curso do ciclo formativo.
  • Compartir e coñecer de primeira man un caso concreto de plan de marketing de empresa.
  • Incrementar entre o alumnado o coñecemento das principais variables que se teñen en conta na creación do Plan de Marketing para una gama de produtos determinados.
Xoves Marzo 18, 2021
Start: 18/03/2021 22:47

O día 19 de marzo é festivo en toda a Galiza.

 

Venres Marzo 19, 2021
Start: 18/03/2021 22:47
End: 19/03/2021 21:59

O día 19 de marzo é festivo en toda a Galiza.

 

Domingo Marzo 21, 2021
Start: 21/03/2021 16:47

 

 

 

23ª SEMANA 
 
[5º SESIÓN]
 
Desde  o ano 1999 a UNESCO fixou o día 21 de marzo para celebrar o Día Mundial da Poesía. A primavera pousa nas mans dos nosos lectores os versos de Xela Arias e dúas antoloxías de poesía.

 

De certo, a vida ía en serio. 

Por iso morrer non conta números. 

Eras moza, 

cómplice nunha derrota que non 

sumabas. Feliz por terte insomne 

por inmortal. 

Xa temos cadáveres amigos 

e coñecidos, 

sabemos da morte o legado inútil. 

Pero ique ridículo! ¿non?, 

abraza-lo feito feliz de xa medrar 

—camiñar ás aforas—

en tempos asepticamente tan 

Alienados

Xela Arias

Martes Marzo 23, 2021
Start: 23/03/2021 08:25
End: 23/03/2021 09:15

O Departamento de Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar organiza para o grupo de 1º D de Bacharelato unha visita virtual á editorial de poesía "Medulia", co obxec tivo de dar a coñercer a forma de traballar dunha editorial de poesía.

MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.

 

Xoves Marzo 25, 2021
Start: 25/03/2021 06:45
End: 25/03/2021 08:25

O vindeiro 25 de marzo, das 08:45 ás 10:25, a asociación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a segunda sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.

Luns Abril 05, 2021
Start: 05/04/2021 18:42


24ª SEMANA 

 
[6º SESIÓN]

 

Cada un dos trazos aos que lector presta a súa voz conforma un mundo: Kůň, hevonen, cheval, άλογο, лошадь, häst, horse, zaldi…

Ler esa palabra para que o noso cabalo salte da páxina para comezar a ir ao galope.

Distribuir contido