Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Outubro 18, 2019 »
Ven

 

Mostra fotográfica no Edificio Liceo de Betanzos dende o 4 ao 29 de Outubro, de fotografías orixinais do alumnado de 3º da ESO no curso 2018-2019.

Do 16 ao 30 de Outubro complementarase con máis fotografías na libraría Biblos de Betanzos.

 Mostra Betanzos histórico  participantes Betanzos histórico

 

Mostra fotográfica  do 16 ao 30 de Outubro na libraría Biblos de Betanzos. É complementaria á que está no Edificio Liceo de Betanzos dende o 4 ao 29 de Outubro, de fotografías orixinais do alumnado de 3º da ESO no curso 2018-2019. 

 galera  fonte de unta
Start: 18/10/2019 11:30

 

Zenzar

O alumnado de 1º de BAC asistirá a unha actividade de dinamización lingüística, proposta polo Concello de Betanzos,co título "Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel". O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo e estará ofrecida polo grupo galego Zenzar.

O alumnado desfrutará, en primeiro lugar, dunha vídeo-charla con membros do grupo, falando da historia do rock en galego como elemento dinamizador da lingua na nosa cultura. Dentro desta parte faráse unha pequena introspectiva do que é o papel da muller na música galega, coas ilustracións de Laura Romero, creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas".

A segunda parte será un concerto a cago de Zenzar.

Aínda que o alumnado xa levou unha copia da autorización para asinar, para calquera incidencia, pódese descargar aquí.

Distribuir contido