Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
Start: 01/12/2012 11:32
O obxectivo é recoller o maior número posible de cartuchos de tinta e láser que posteriormente se enviarán a un centro de reciclaxe, có que se reducirá a cantidade de residuos, contribuiremos a reducir a contaminación e aforraranse recursos ao medio ambiente. A empresa non só paga cada cartucho entregado senón que concede puntos, premiando aos Centros que recollan máis cartuchos cunha compensación económica. Os cartos estarán destinados a adquirir algún aparello que permita recargar baterías (usadas no centro) a partir de enerxía solar ou complementar equipos informáticos antigos que se poden poñer a funcionar alongando a súa vida útil. Todos podedes participar. Traede os cartuchos baleiros das impresoras e depositádeos nas caixas dos puntos de recollida distribuídos polo Instituto (diante da sala de profesores do Edificio Principal e nas dúas Conserxerías). |
![Events at <em>IES Francisco Aguiar </em> Distribuir contido](/centros/iesfranciscoaguiar/misc/feed.png)