Concurso escolar: reciclaxe de cartuchos de impresora

01/12/2012 11:32
Etc/GMT+1

1Por iniciativa dos profesores Luisa Muíño e Juan Neira, o Instituto participa este ano no Concurso Escolar “Reciclaxe de cartuchos de Impresora”, có fin de conseguir:

  • Una educación desde as bases, na recuperación de produtos que poden volver a ser reutilizados, o que supón un aforro de materias primas, enerxético e por suposto económico.

  • Crear unha concienciación social na nosa contorna, evitando que estes produtos acaben contaminando o medio ambiente.

O obxectivo é recoller o maior número posible de cartuchos de tinta e láser que posteriormente se enviarán a un centro de reciclaxe, có que se reducirá a cantidade de residuos, contribuiremos a reducir a contaminación e aforraranse recursos ao medio ambiente. A empresa non só paga cada cartucho entregado senón que concede puntos, premiando aos Centros que recollan máis cartuchos cunha compensación económica. Os cartos estarán destinados a adquirir algún aparello que permita recargar baterías (usadas no centro) a partir de enerxía solar ou complementar equipos informáticos antigos que se poden poñer a funcionar alongando a súa vida útil.

Todos podedes participar. Traede os cartuchos baleiros das impresoras e depositádeos nas caixas dos puntos de recollida distribuídos polo Instituto (diante da sala de profesores do Edificio Principal e nas dúas Conserxerías).