Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

Bota a andar a 2ª andaina do CdC: Casiña dos Maios 2

 

Este é o segundo curso de traballo no noso Club de Ciencia, no que como sabedes estamos facendo unha investigación sobre a Bioconstrución. Trátase dun proxecto STEM no que resulta fundamental un tratamento desde a óptica do Método Científico, o que implica seguir os pasos:

O noso centro no proxecto Erasmus STEM

No noso instituto hai xa varios anos que se traballa baixo a filosofía de proxectos integradores de ciencia e tecnoloxía, incluíndo neles a lingua galega, o que para nós é fundamental na normalización da mesma. Se algo temos claro é que a participación neste tipo de proxectos involucra ós estudantes enormemente, xa que os motiva ó propoñerlles problemas auténticos, traballo de equipo, e construción de solucións reais e tanxibles.

Temos dous proxectos fundamentais nesa liña de traballo, dos que podedes atopar información nas respectivas pestanas da nosa web:

  • O proxecto STARgal, que nace no curso 2016, é unha mostra de videoxogos e traballos audiovisuais nos que se tratan temáticas de corte cultural desde unha óptica científica e tecnolóxica: videoxogos programados con Scratch, robots que desenvolven retos baseados e obras da nosa literatura, estruturas a escala humana nas que se experimentan sensacións de realidade virtual...
  • O Club de Ciencia formouse o curso pasado e con el deseñamos e creamos un módulo de bioconstrución para demostrar que as condicións de habitabilidade dunha vivenda elaborada con adobe e madeira eran mellores que as dunha vivenda de formigón. No curso actual continuamos cos traballos de investigación, desenvolvendo subproxectos de meteoroloxía, construción, investigación de radón, sensorización con Arduino...

Do que se trata é de provocar procesos de investigación científica para a aprendizaxe conxunta de novos conceptos de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía dentro dun proceso práctico de deseño e resolución de problemas, tal e como se fai en Enxeñería no mundo real. E sempre en lingua galega, a gran mal parada nos deseños curriculares actuais, como se o futuro houbese de escribirse necesariamente en inglés e español.

 

STEM: de que se trata?

Desde que nos anos 90 se acuñara o termo STEM (acrónimo en inglés das materias Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), a súa incorporación ó ensino foi tan necesaria como imparable.

O concepto "Educación STEM" non se refere só á colaboración entre as materias, senón que, de acordo coas tendencias educativas actuais (citamos da Wikipedia) debe caracterizarse por:

  1. Ser unha instrución integrada da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeería e Matemáticas, non unha aprendizaxe compartimentada.
  2. Debe ter un enfoque de Enxeñería en canto ó desenvolvemento de coñecementos teóricos para a súa posterior aplicación práctica, enfocados sempre á resolución de problemas tecnolóxicos.

Este Nadal, recicla, reutiliza e reduce

Para a conmemoración do Nadal (festa celta do Yulé, a chegada da Luz), deseñamos unha performance co ánimo de sensibilizar sobre o abuso de consumo de plásticos nestas datas. O acto consistiu en:

  • Instalación: mostra de 250 bolsas de algodón deseñadas e/ou customizadas polo alumnado de todo o centro. Nelas podía verse unha imaxe e un eslogan (transferidos con prancha ás bolsas) e elementos decorativos feitos a partir de materiais reciclados. As bolsas penduráronse dun sistema de tensores que montamos ex profeso para esta exposición.
  • Montaxe dunha árbore feita con botellas de plástico recicladas.
  • Instalación de alumeado de Nadal arredor das bolsas e da árbore, cun sistema de sensores para prendelo só cando se detecte presenza.
  • Exhibición dun spot de Nadal animando á reconsideración de uso de plásticos ("As Raíñas Magas reducen, reutilizan e reciclan")
  • Xogo interactivo con Kahoot sobre os plásticos, para todo o alumnado do centro.

A performance desenvolveuse o martes 18 de decembro no 2º recreo e contou coa participación de case todo o alumnado e profesorado, arrincando aplausos e risos. Ademais, o posto de Consumo Responsable funcionou ó longo de toda a semana, complementando así a mensaxe que queremos enviar ó noso alumnado.

Obradoiro de costura coas avoas

Durante o mes de decembro, varias avoas do alumnado de 2ºESO asistiron ás nosas clases de Tecnoloxía para aprendernos a usar unha máquina coser.

Xuntas, cosimos camisetas e bolsas para a exposición do vestíbulo na campaña do Yulé "Este Nadal, Recicla, Reusa, Reutiliza"

 

Obradoiro de costura 2018

Cabaciñas robóticas

O noso grauíño de area na celebración do Samaín foi unha exposición das inxeniosas CABACIÑAS ROBÓTICAS que fixo o alumnado de 2º ESO.

 

Robots-cabaciña 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut