Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

IA para mellorar a nova vida

Nas aulas de TIC estivemos traballando a programación a través de App Inventor, e démoslle unha volta á Intelixencia Artificial incorporando o módulo ML4K. O alumno Manuel Ramallo deseñou unha app que permite fotografar un residuo e preguntar á aplicación en que contedor debe ir. 

TinkerCad aplicado á Casiña dos Maios

Queres aprender a deseñar un espazo con TinkerCad? Lara Calo explícanolo, logo de recibirmos no CdC a charla sobre creación en 3D. E aplicámolo ó caso do noso módulo de Bioconstrución, a Casiña dos Maios.

TICs en galego e para a cultura galega

Un dos obxectivos do noso STARgal, dentro do Contrato-Programa de Excelencia Educativa, é o de facer contidos dixitais innovadores en galegos. Con motivo do Entroido, o alumnado de 4ºTICs deseñou unha app para xogar a identificar entroidos galegos. Velaí vai un titorial!

Expositor para traballos Erasmus

O alumnado de 4º estivo traballando nun expositor para o proxecto Erasmus GNS, empregando madeira de piñeiro e metacrilato. Actualmente, contén as gráficas obtidas a partir da enquisa inicial sobre Concienciación con respecto ó Cambio Climático que se pasou a todo o alumnado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut