Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

Máquina de movemento perpetuo 2º ESO

 O alumnado de 2° asumiu o reto de facer funcionar unha máquina de movemento perpetuo e así violar as leis da termodinámica. Fixemos deseño e construción da maqueta da máquina en cartón coa idea de continuar no 2° trimestre en madeira. Conseguirémola facer funcionar indefinidamente?. Estade atentos.

Boletíns para preparar examen de Setembro 2020

Aquí vos deixamos os enlaces dos boletíns cos contidos e exercicios que vos axudarán a preparar a proba telemática tipo test de setembro.  Boletíns que atoparedes tamén colgados no classroom do insti.

Boletín 2º ESO

https://docs.google.com/document/d/1lPxYPOHZ2d10yYJoxbvUJuiKqkcDzGAZEn8m...

Boletín 3º ESO

https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vSkC0CAJAoRO4l_TvrzVLx8B9fJx9bJc0rrgOK4LcJcLvcI3iC9nxOZD5xbEUl1hSggq4aZQMyDk3Pe/pub

Boletín 4º ESO

https://docs.google.com/document/d/1TacI8zbcBSRvUl-sFKiPdWbvBOac2WyVPg6b...

  Para calquera dúbida, recordamos os correos electrónicos das profesoras de Tecnoloxía:

Repensando as nosas vivendas

Ó longo do confinamento, o alumnado estivo dando unha volta a como mellorar a distribución de espazos e os materiais da súa casa en caso de volveren estar confinados, e mesmo a como podería ter sido mellor construída desde un punto de vista estrutural.

Os vídeos están subtitulados en inglés. 

 

COVID e 5G, Actividade para Tecno e Galego 4º ESO

Na liña de actividades interdisciplinares que permitan que o alumnado traballe contidos no confinamento relacionados con diversas materias, pedimos que se fixese unha análise das falsas noticias que se publican relacionadas coa COVID, nomeadamente as que teñen que ver coa radiación 5G, á que algúns lle imputan un papel na propagación do virus. Estas son algunhas das reflexións dos alumnos:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut