Skip to Content

blogue demoreiras

Docencia de Rubén Beiroa

A docencia é presencial e a ela asisten todos os profes do grupo de traballo agás Agustín Agra, Gloria Santos e Nuria Martínez, todos eles con síntomas derivados da administración da vacina de Astra Zéneca.

 

A docencia estrutúrase en 2 partes:

 

Parte 1: Arduino e programación en xeral. Proxectos de aplicación concretos.

Estreamos logo no CdC

Grazas ó concurso que organizou a profe Mónica Rivas desde o dpto Plástica, houbo moita participación para atopar logo do Club de Ciencia e Tecnoloxía. A gañadora é Belén Mariño, de 4º, con este deseño tan chulo!

Día da paz 2020

Co gallo do día da Paz, e dentro das limitacións que nos impón a pandemia, o alumnado de 2º ESO guiado por Ángeles Fernández estivo elaborando un macromural en representación do que nos separa da paz. Participaron un total de 30 rapaces e rapazas que, xuntos no ximnasio, deron lectura a un manifesto pola paz e logo procederon á performance de rachar o "muro" que nos separa da paz, amosando outro cartaz da conmemoración do día. Por último, fixeron un compromiso de pequenas actitudes para intentar vivir nun mundo mellor. 

Formación de Patricia Barciela

DOCENCIA PATRICIA BARCIELA - 1 febreiro

 

Patricia Barciela, directora da Domus Coruña, comeza facendo unha introdución na que contextualiza a Ciencia Cidadá dentro do marco da Open Science, un concepto que contempla o acceso aberto a investigación e datos e a filosofía RRI (investigación e innovación responsables).

Destaca como PLATAFORMAS máis salientables a Scistarter (USA), Zooniverse (nivel mundial) e Ibercivis (España e Europa). No referente a METODOLOXÍA apela a usar unha indagativa, remarcando a importancia de aprender Ciencia facendo Ciencia: IBL (inquiry based learning). Suxire que investiguemos ferramentas virtuais como cámaras na natureza e laboratorios virtuais. Patricia amósanos o espazo Dixit, en Abalar, onde desde hai moi pouquiño podemos atopar recursos didácticos e guías metodolóxicas.

1º obradoiro de audiovisual para as redes - STARgal

Nesta última tarde do trimestre desenvolveuse en streaming o obradoiro de vídeo con Kinemaster enfocado para as redes sociais. Fíxoo Sara Hermo, exalumna e representante da asociación Olloboi, en colaboración co contrato programa STARgal. Deixámosvos aquí o material co que traballou ela, propiedade da asociación Olloboi. 

O alumnado foi facendo unhas pezas publicitarias na aula. Cando as teña rematadas publicaremos aquí as seleccionadas para cada nivel, que levarán un aro de luz para móbil. COMO PROPOSTA PARA VACACIÓNS, completamente voluntaria, lanzamos o concurso POSTAL COVIDEÑA: un vídeo en horizontal de ata 1 minuto de duración no que conten á familia que este ano non os visitou, como foi o nadal en cas cadiún :) 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut