Skip to Content

blogue demoreiras

Resumo experiencia PIALE 2015

Durante o mes de outubro, a profe Ana Moreiras estivo en Canadá nun programa de inmersión de aprendizaxe das linguas estranxeiras.

Froito desa experiencia, elaborou unha banda deseñada, Tech Crowd, que podedes ver publicada en pdf. Se queredes máis detalles, podedes acceder á memoria escrita que enviou á Consellería.

 

 

A Xanela en fin de curso: Letras Galegas, Proxectas, Club do Antifás...

O venres que vén remata o curso e faremos unha presentación resumo dos contidos da Xanela deste ano. Se non podedes vir, non deixedes de botar unha ollada, porque nela atoparedes información e fotos de todas as actividades que se fixeron: o concurso de microtextos teatrais RVB, o Magosto, o Festival das Letras Galegas, o concurso de robótica, os plans Proxecta (Coopera, TÍCaras, Correspondentes, Sogama, Donas de si, Meteoescolas), o Club do Antifás...

Asómate á nosa Xanela!

Distribuir contido


by Dr. Radut