Skip to Content

blogue demoreiras

Charla de Adrián Casais do IGFAE

O martes 14 de decembro organizamos unha charla para o alumnado de Ciencias de 3º da ESO. Foi impartida polo noso exalumno e actual doctorando en Física Adrián Casais. Falou de aspectos xerais da estrutura da materia e do traballo que se desenvolve no Instituto de Física de Altas Enerxías da USC en colaboración co CERN.

Arrinca o CdC 2021_22

Aquí estamos de novo os departamentos de Física, Tecnoloxía e Bioloxía nunha nova edición do Club de Ciencia. Nesta andaina focalizaremos o noso labor en estudar as condicións medioambientais do noso concello. A parte do traballo de investigación básico do CdC, conducido por alumnas de 4º, o profesorado traballará tamén nun plan de sustentabilidade para o centro. Nesta presentación contámosvolo todo!

 

Exxperimenta en feminino

 

Sabes o que é a fenda de xénero STEM? Significa que segue habendo moi poucas mulleres traballando nas carreiras de Ciencias e Tecnoloxía. Desde o Campus de Vigo cóntannos que en disciplinas como a de Informática as alumnas apenas chegan ó 15% do total, a pesares de ser unha das carreiras con maior empleabilidade. Un dos motivos que se atopa detrás desta brecha de xénero é a falta de referentes femininos nas disciplinas STEM, tanto a nivel educativo como social.

Por isto, desde este campus están a desenvolver diferentes campañas co obxectivo de promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas e servir de polo de atracción de nenas e mozas cara á ciencia e as enxeñarías.

Unha delas é a da exposición itinerante Exxperimenta, que aterrou no noso instituto na última quincena de maio. En vindeiros cursos tentaremos participar nos seus talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus.

Pósters científicos

Cada semana durante o 2º trimestre e comezos do 3º, o alumnado elaborou un póster científico resumindo as conclusións das súas investigacións. Aquí vos deixamos algún dos mellores!

Mundiapícola'21

Hoxe repetimos a experiencia #Mundiapícola, explicando ó alumnado de 1° como facer trampas para a velutina. Unha forma de preservar o equilibrio dos nosos ecosistemas. Actividade dentro da programación do Contrato Programa #STARgal21

 

Distribuir contido


by Dr. Radut