Últimas Publicacións

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro mércores 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha das autoras máis importantes en Lingua Galega.

Nas aulas estamos a traballar sobre a súa vida e a súa obra.

Adxuntamos un arquivo con información sobre ela para que o vexades na casa cos nenos e nenas e comprobedes o moito que saben e o moito que lles gustan os seús poemas.

Preme na imaxe para abrir o arquivo adxunto.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ENTROIDO

Bos días:

A próxima semana, no CRA celebraremos o noso "Entroido Eurovisivo" para o cal precisamos a vosa colaboración para cumprir as ordes do meco, neste caso Caselín eurovisivo.

Aquí vos deixamos as súas ordes, para que busquedes pola casa o que teñen que traer os nenos e nenas cada día.

Grazas pola vosa colaboración

O equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o EDLG


MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2022/2023

 

REFRÁN DO MES DE FEBREIRO

Coma cada final de mes, aquí tedes a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o mes de febreiro.

Lembrade que se coñecedes algún outro refrán sobre os meses do ano, podedes facérnolos chegar por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS

Estimadas familias,

para dar resposta as dúbidas máis frecuentes que se dan con motivo das novas medidas implantadas nas escolas en xaneiro

sobre o xeito de actuar ante novos casos de Covid-19 deixamos unha relación das dúbidas principais que vos poden xurdir.

 

ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS XANEIRO 2022 PREGUNTAS FRECUENTES

 

Agardamos que vos aclaren a situación.

EQUIPO COVID

Feliz día da educación a tod@s!

COMUNICAR CASOS POSITIVOS A SANIDADE

Estimadas familias

Aquí debaixo deixámosvos o enlace á Declaración responsable de autotest positivo

(pinchar na imaxe)

Declaración responsable de autotest positivo

 

Ademais, tamén podedes notificar casos positivos detectados no ámbito familiar chamando ao teléfono:

881 540 045

 

Saúdos

Equipo Covid

CRA Raíña Aragonta

CAMBIOS NO PROTOCOLO COVID DE EDUCACIÓN (16/01/2022)

INCLUÍMOS AQUÍ DEBAIXO AS IMAXES QUE RESUMEN OS

PRINCIPAIS CAMBIOS

INTRODUCIDOS NO PROTOCOLO COVID DOS CENTROS EDUCATIVOS

Equipo Covid

 

 

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

NESTA SECCIÓN DA NOSA PÁXINA PODEREDES ATOPAR CONTIDOS RELACIONADOS CON BOAS PAUTAS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top