Últimas Publicacións

#HuelgaDeJuguetes | Porque jugar no tiene género

Queridas familias

 

Como xa sabedes dende o CRA consideramos que a igualdade efectiva entre homes e mulleres é unha realidade que temos que conseguir máis pronto que tarde.

 

Dende as aulas, no marco do Plan de igualdade do centro, levamos a cabo numerosas accións cotiáns para que lograr este ambicioso obxectivo.

 

A maiores diso tamén procuramos levar a cabo actividades que impliquen ás familias neste cambio social e que coas restricións que nos impón a COVID-19 non podemos facer este curso tanto como nos gustaría.

 

Nestes días estase a promocionar dende diversos medios a campaña "#HuelgaDeJuguetes | Porque jugar no tiene género" que pretende concienciar e involucrar aos máis cativos nun uso non sexistas dos xoguetes sen que estes se atribúan a un xénero ou outro.

 

No seguite vídeo podedes ver esta campaña.

  

Agardamos que esta información sexa do voso interese e que esta folga de xoguetes axude a mudar actitudes que non concordan coa sociedade actual.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar o Día da Discapacidade nas aulas do CRA traballamos, indagamos e investigamos sobre a vida de Desireé Vila, atleta paralímpica galega en Tokio 2020.

Deste traballo saíron moitas preguntas e curiosidades que ela tivo a amabilidade e xentileza de responder.

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos.

Pinchade na foto e abrirase nunha nova xanela.

Grazas ao alumnado e profesorado pola súa colaboración, e por suposto GRAZAS a Desi Vila.

PARALIMPÍADAS ARAGONTA

A antorcha olímpica chegou a Salceda!!!!!

Os pebeteros da sede e das parroquias estarán acendidos durante toda esta semana, na que levaremos a cabo as Paralimpíadas Aragonta, pola conmemoración do Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro)

Votacións ao consello escolar

O martes 23 de novembro levarase a cabo a votación do sector das familias ao consello escolar.

 

O horario de votación é o seguinte:

9:45-11:10 horas

12:20-15:00 horas

 

O lugar para as votacións será o hall da entrada principal da sede do CRA, concretamente no espazo que existe entre as dúas cristaleiras da entrada principal.

 

Para poder exercer o dereito a voto deberes acreditar a vosa identidade mediante o DNI.

 

Agardamos a vosa participación neste proceso.

 

Atentamente,

Damián Varela Sánchez

Director CRA Raíña Aragonta.

REFRÁN DECEMBRO

Bos días:

Aquí vos deixamos a proposta de refrán do mes de decembro, xa sabedes que se coñecedes outros podedes mandalos por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

Saúdos

O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega)

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TOD@S TEMOS OS MESMOS DEREITOS PERO... A TOD@S SE NOS RESPECTAN?

Con motivo das conmemoración do Día Universal da Infancia (20 de novembro) e o Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro), o Equipo TIC , en colaboración co alumnado e titores e titoras do centro, elaborou o vídeo "Tod@s temos os mesmos dereitos pero... a tod@s se nos respectan?". Neste vídeo Caselín, a mascota da biblioteca , lévanos de viaxe polo mundo para descubrir as diferenzas en relación a dereitos que experimentan nen@s e mulleres  segundo o lugar no que nos atopemos.

PARABÉNS POLO BEN QUE O FIXERON!!!!!!!

Esperamos que vos guste.

 

                                  Para poder ver o vídeo clicade na imaxe que tedes debaixo e abrirase nunha xanela nova.

 

 

TALLER DE PERCUSIÓN

Estimadas familias

 

Dende o concello de Salceda de Caselas solicítannos que demos publicidade a esta actividade:

 

 

Distribuir contido

Back to top