Últimas Publicacións

REVISTA BADALADAS 2021-2022

AGORA QUE ESTA A REMATAR O CURSO, O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, VOS PRESENTA UNHA NOVA ENTREGA DA NOSA REVISTA ESCOLAR, A REVISTA BADALADAS.

COMO CADA CURSO, CADA AULA OU ESPECIALIDADE COMPARTE UN POUCO DA SÚA ACTIVIDADE. QUEREDES BOTARLLE UN OLLO? POIS, VELAÍ VAI

REFRÁN XUÑO

Bos días familias:

Aquí tedes o último refrán deste refraneiro escolar que estivemos facendo durante todo o curso.

Pronto colgaremos nesta páxina un video recompilatorio cos nosos refráns e as vosas aportacións.

Aínda estades a tempo de  mandar refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com

Moitas grazas 

O EDLG

Feliz día en familia!

Queridas familias

 

Compartimos con vós este video de agradecemento polos traballos que as familias do Centro presentástedes para a celebración do día da Familia.

 

Moitas grazas e feliz día en familia!

(pulsando no título de debaixo podedes ver o vídeo)

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023

 

A dirección do centro fai pública a lista definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar 2022/2023. A súa consulta pódese realizar no interior das instalación das aulas de parroquias e na sede do CRA Raíña Aragonta.

Nas aulas de parroquias poderán consultarse en horario de 9:15 a 9: 25 e de 14:05 a 14:15.

Nas aulas de Esfarrapada no horario de secretaría do centro.

    A formalización da matrícula realizarase dende o 20 de xuño ata  30 de xuño de 2021, sendo a documentación necesaria a seguinte:

  • Instancia e anexos, debidamente cumprimentados (ASINADO POLOS DOUS PROXENITORES).
  • 4 fotos tamaño carné do neno/a.
  • 2 fotocopias da tarxeta sanitaria do neno/a.
  • Fotocopia do boletín de vacinas.
  • Informe médico no caso de acceder a unha praza de NEAE ( de non telo presentado previamente) ou se o neno/a padece algunha enfermmidade ou doenza da que consideran debemos ter coñecemento.
  • No caso de non telo entregado con anterioridade, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

 

A dirección do centro.

9 de maio: día de Europa

REFRÁN DO MES DE MAIO

Bos días

Por aqui deixámosvos a nosa proposta de refrán para o mes de maio.

Saúdos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

 A dirección do CRA Raíña aragonta:

COMUNICA:

Á vista das solicitudes de admisión presentadas para o curso 2022/2023  e tendo en conta o establecido no artido 30 da Orde 12 de marzo de 2013 (pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes), fanse públicas as listas provisionais de admitidos para dito curso.

Estas listaxes teñen un carácter provisional e poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar no prazo de 3 días hábiles dende a súa publicación. A reclamación será presentada por escrito na secretaría do centro.

  • Todas as solicitudes presentadas neste centro obtiveron praza na aula que foi solicitada polas familias.
  • A consulta das listaxes poderase realizar no interior das instalacións das aulas de parroquias e na sede do CRA Raíña aragonta. ( Nas aulas de parroquias, poderán consultarse en horario de 9:15 a 9:25 e de 14:05 a 14: 15. Nas aulas de Esfarrapada, no horario de atención a familias do centro).
  • Antes do día 15 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidos.
  • Entre o día 20 e 30 de xuño deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro.

 

 

Distribuir contido

Back to top