Últimas Publicacións

ÚLTIMA HORA. SERVIZOS MÍNIMOS NA SEDE DO CRA

Informamos que debido á actual situación que existe en toda a comunidade, por mor dos incendios, vémonos na obriga de manter só servizos mínimos na sede do CRA, pola imposibilidade de gran parte do profesorado en acudir ao centro.

Sentimos non ter informado antes, pero evidentemente fixemos todo o posible para poder abrir as aulas e o centro ata o último momento. De todos os xeitos, puxémonos en contacto co ANPA e co concello, de xeito que foran informando á maior parte da comunidade educativa posible. 

A dirección do centro.

RESUMO DA INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCIÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA

1º.-RECOMENDACIÓNS APLICABLES AO ALUMNADO DE ENSINANZA INFANTIL

Os alumnos/as serán recollidos polas persoas responsables dos memos dentro do horario fixado no Regulamento do centro ou nas comunicacións correspondentes a eventos concretos.

Estes poderán autorizar formal e expresamente a outro adulto ou a un irmán ou irmá que curse os estudos de 5º e 6º de primaria, educación secundaria, formación profesional ou bacharelato, a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa no centro de ensino.

No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións p'revistas na sentencia xudicial, convenio regulador ou acordo provisional, que terán que presentar no colexio. Neste sentido, a persoa encargada de recoller ao alumno será a que teña ao seu favor a garda e custodia do mesmo ou o adulto ou irmán ou irmá que curse os niveis educativos descritos anteriormente, aos que ela autorice expresamente, agás nos días de visita asignados ao outro proxenitor, nos cales poderá recoller este ao seu fillo/a.

Os rapaces permanecerán custodiados no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial a partir do horario de recollida fixado. Os responsables dos nenos/as, terán a obriga de reportar ao centro escolar calquera demora que poidan sufrir. Transcorrido o tempo de demora efectuaranse dende o colexio chamadas aos responsables dos pequenos, que, de resultaren infructuosas, poderán determinar a condución dos escolares ás dependencias da Policía Local ou cuartel da Garda civil que corresponda.

A reiteración en máis de 4 ocasións desta última circunstancia poderá dar lugar á comunicación dos feitos ao Servizo Provincial de menores que corresponda, para os efectos da apertura dunha investigación sobre o abandono de menores.

REUNIÓNS INICO DE CURSO

 

 

ANTES DE DAR A BENVIDA AOS NEN@S O DÍA 11 DE SETEMBRO LEVARANSE A CABO AS SEGUINTES REUNIÓNS PREVIAS AO INICIO DE CURSO (PREGASE ASISTIR SEN NEN@S):

 

AULA

DATA

HORA

3 ANOS A (ESFARRAPADA)

MÉRCORES 6 SETEMBRO

10:00

3 ANOS B (ESFARRAPADA)

MÉRCORES 6 SETEMBRO

10:00

3 ANOS C (ESFARRAPADA)

MÉRCORES 6 SETEMBRO

10:00

4 ANOS A (ESFARRAPADA)

XOVES 7 SETEMBRO

10:00

4 ANOS B (ESFARRAPADA)

XOVES 7 SETEMBRO

10:00

5 ANOS A (ESFARRAPADA)

XOVES 7 SETEMBRO

10:30

5 ANOS B (ESFARRAPADA)

XOVES 7 SETEMBRO

10:30

5 ANOS C (ESFARRAPADA)

XOVES 7 SETEMBRO

10:30

BARREIRO

VENRES 8 SETEMBRO

10:30

BUDIÑO

XOVES 7 SETEMBRO

12:00

ENTENZA

XOVES 7 SETEMBRO

10:00

FONTÁN

XOVES 7 SETEMBRO

10:00

PICOÑA

XOVES 7 SETEMBRO

10:00

SAN XURXO

XOVES 7 SETEMBRO

10:00

SOUTELO

XOVES 7 SETEMBRO

10:30

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Estimadas familias.

Rematado o verán, comezamos un novo curso escolar, con ánimo e ilusión.

En breve vos comunicaremos as datas das reunións de inicio de curso. As actividades lectivas darán comenzo o vindeiro luns día 11 de setembro.

Un saúdo.

A dirección do centro e o equipo docente.

Let's do The Pinocchio!!

Distribuir contido

Back to top