Últimas Publicacións

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO · Scouts de España

Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, dende o Departamento de Orientación, queremos compartirvos este vídeo, no que Melisa Tuya e Diana Bohórquez conversan sobre o autismo dende unha perspectiva familiar e profesional onde se abordan aspectos, entre outros, como as realidades e mitos que rodean a este trastorno. 

Ademais, como recursos de interese recomendamos o pódcast de NOEMÍMISMA sobre el autismo, no que se manteñen pequenas conversas con profesionais e persoas que están dentro do espectro, e no que se abarca unha ampla gama de temas de interese, e o blog de Anabel Cornago "El sonido de la hierba al crecer", no que podemos atopar numerosos recursos para traballar a estimulación dos diferentes ámbitos do desenvolvemento.

  

Esperamos que sexan do voso interese.

 

Presentación do libro "Dedas"

Queridas familias:

 

Adxuntamos a información que nos achega o concello de Salceda sobre a presentación do libro "Dedas" que terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado día 2 de abril as 17:30 horas.

 

Neste evento se desenvolverá un contacontos para nenas e nenos de entre 0 e 6 anos.

 

 

REFRÁN DE ABRIL

Aquí vos deixamos s nosa proposta de refrán para o mes de abril.

Como xa sabedes podedes mandar os vosos refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com ao final de curso faremos un refraneiro coas vosas aportacións.

Grazas pola colaboración

O EDLG

 

21 de marzo: Día Mundial da Síndrome de Down

21 de Marzo

Día Mundial da Síndrome de Down

Hoxe é o Día Mundial da Síndrome de Down e, dende o Departamento de Orientación, queremos achegarvos a campaña promovida pola asociación Down España, para conseguir inundar as redes sociais de apertas e mensaxes de agradecemento a toda a sociedade.

 

Ademais, compartímosvos estes dous vídeos para pequenos e maiores, que nos achegan un pouquiño máis a coñecer esta Síndrome de maneira sinxela e natural, para deixar atrás falsos mitos e despexar dúbidas. 

 

Animádevos a participar! E recordade: 

Todos temos a sorte de ser diferentes.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

O pasado 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, dende as aulas fixéronse moitos traballos diversos sobre esta poetisa.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo con algunha desas actividades

Grazas as titoras, titores e peques por colaborar nesta actividade.

O EDLG

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2022/2023

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2022/2023

 

  • As seguintes instruccións dítanse ao abeiro da seguinte lexislación:

 

Decreto 13/2022, do 3 de febreir o, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B)

  • O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 1 ao 21 de marzo.

 

  • OS IMPRESOS DE SOLICITUDE (ED550B): serán facilitados gratuitamente na secretaría do centro, e tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

 

  • A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: deberá facerse na secretaría do centro (Rúa Rosalía de Castro Nº 9 ), ou ben a través da aplicación anteriormente mencionada. 

         Debido ás características propias do noso centro, con aulas en Esfarrapada e aulas nas diferentes parroquias, aconsellamos a documentación na secretaría do centro e non vía telemática.

       O horario de secretaría para a entrega de documentación é o seguinte:

                    LUNS: de 12:45 a 13: 15 horas.

                    MARTES: de 9:45 a 11:00 horas.

                    MÉRCORES: de 9:45 a 11:00 horas.

                    XOVES: de 12:15 a 13:15 horas.

                    VENRES: de 9:45 a 11:00 horas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA:

  • Cada alumno ou alumna só pode presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción da  mesma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

  • As solicitudes deberán ser ASINADAS POR AMBOS PROXENITORES, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. No caso de separación, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia e orixinal do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

         No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero, non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE

  1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familias, cando denegue a súa consulta. (orixinal e copia)
  2. Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (orixinal e copia)
  3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo.
  4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. (orixinal e copia)

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022/2023

 

  • Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo
  • Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de Marzo
  • Presentación da documentación acreditativa para o baremos, no caso de que a demanda supere as vacantes ofertadas: publicaranse as datas se fora preciso.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de Abril
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de Maio
  • Formalización da matrícula en educación infantil: do 20 ao 30 de xuño.

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO ( XESTIONADOS POR ANPA AS LANDRAS E ANPA ALTAMIRA)

 

  • COMEDOR ( ANPA ALTAMIRA)
  • AULA MADRUGA : 7:30 A 9:15
  • AULA TARDÍA (DEPENDE DO Nº DE SOLICITUDES) : ATA AS 15: 00 HORAS
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ( DEPENDEN DA SITUACIÓN SANITARIA DERIVADA DA COVID-19)
  • SERVIZO MÚDAME 
  • CONCILIACIÓN NO PERIODO DE ADAPTACIÓN: DEPENDE DO NÚMERO DE SOLICITUDES

 

PODEDES DESCARGAR O IMPRESO DE SOLICITUDE NOS FIXEIROS ADXUNTOS. ( O Documento ANEXo II- bis (continuación) soamente debe ser cuberto en caso de separación ou divorcio. De non ser o caso, soamente se cubrirá a data. )

 

REFRÁN MARZO

Bos días familias

Aqui tedes a proposta do EDLG para o noso refraneiro do próximo mes.

Que pasedes un bo entroido.

Distribuir contido

Back to top