Últimas Publicacións

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS CURSO 2023/ 2024

 

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS CURSO 2023/2024

A dirección do CRA Raíña Aragonta informa:

- Todas as solicitudes presentadas neste centro obtiveron praza na aula que foi solicitada polas familias.

- A súa consulta pódese realizar no interior das instalación das aulas de parroquias e na sede do CRA Raíña Aragonta.

Nas aulas de parroquias poderán consultarse en horario de 9:15 a 9: 25 e de 14:05 a 14:15.

Nas aulas de Esfarrapada poderán consultarse no horario de secretaría do equipo directivo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/3627 (consulta horario)

- Seguindo as instrucións do Servizo de centros, ao non ser preciso baremar para ningún curso, publícanse xa as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2023/ 24.

 

 

- Entre o 20 e 30 de xuño de 2023 deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro.

 

 

 

 

 A dirección do centro.

 

 

 

REVISTA: BADALADAS ARTÍSTICAS

AQUÍ VOS ACHEGAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ANUAL BADALADAS.

NESTA OCASIÓN, CADA AULA E CADA ESPECIALIDADE COMPARTE CON TODOS NÓS AS SÚAS EXPERIENCIAS ARTÍSTICAS.

DESEXAMOS QUE O DESFRUTEDES.

Entroido 2023

DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN PARA CURSO 23-24

NO SEGUINTE ENLACE PODEN DESCARGAR A DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 23-24

ENLACE DOCUMENTACIÓN.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2023/2024

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos  dar unha gran benvida ao tempo de Entroido!!!.  Época de desfraces, máscaras, maquillaxes, música, festa, emocións, etc.  E, por suposto, moito, moito, moooito desfrute. Así pois, para que vaiamos ambientándonos e quentemos motores… 3, 2, 1… Aquí vos deixamos o cartel dos Mandadiños de Entroido deste ano, para nós, cheo de moita arte!!!

Esperamos e desexamos que o pasedes xenial e… que VIVA O CARNAVAL!!!

INFORMACIÓN DO CENTRO. XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

Votacións ao consello escolar

O martes 29 de novembro levarase a cabo a votación do sector das familias ao consello escolar.

 

O horario de votación é o seguinte:

9:15-11:30 horas

12:30-14:30 horas

 

O lugar para as votacións será a aula de usos múltiples da sede do CRA.

 

Para poder exercer o dereito a voto deberes acreditar a vosa identidade mediante DNI.

 

Agardamos a vosa participación neste proceso.

 

Atentamente,

Damián Varela Sánchez

Director CRA Raíña Aragonta.

 

Distribuir contido

Back to top