Skip to Content

INFORMACIÓN DE INTERESE

NOVAS

 

 ADMISIÓN E MATRÍCULA

MENÚS COMEDOR

 

SECRETARÍA VIRTUAL

FONDO LIBROS E AXUDAS


 CALENDARIO ESCOLAR

Admisión e prazos de matrícula curso 2021/2022

Informamos do comezo dos prazos de matrícula, do 20 ao 30 de xuño para novo alumnado de Infantil e Primaria e do 28 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de ESO.

Para o alumnado de ESO habilitaranse formularios en liña na secretaría virtual do centro. O resto de impresos e documentación están aquí a disposición para descarga e tamén se poden recoller na secretaría do centro.

 

Día mundial do medio ambiente

Co gallo do día mundial do medio ambiente, que se celebrou o pasado sábado 5 de xuño, compartimos con vós este video elaborado polo alumnado de infantil e primaria do centro.

Noticiario CPI O Cruce

Os nenos e nenas de 5 anos do Cpi O Cruce fan unha pequena escenificación do que lles gustaría ser de maiores

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Curso 2021/2022)

Ábrese o prazo de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e para recibir axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. O prazo de presentación das mesmas é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

Para presentación electrónica, poden acceder á aplicación correspondente facendo clic aquí.

Para presentación presencial no centro (ou por rexistro): utilice os Anexo I e Anexo II  da Orde de convocatoria.

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

Máis información | Fondo Libros

Unha visita europea

Como principio da fin do proxecto de Escolas Parlamentaria da UE hoxe recibimos unha visita moi especial: veu ao centro o eurodeputado do PSdG-PSOE Nicolás González Casares.
Contamos na mesma visita coa presenza do alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García, e da deputada autonómica Begoña Rodríguez Rumbo, co que o alumnado puido achegarse aos seus representantes en case todos os ámbitos da política: local, autonómica e europea (faltou a representación estatal).
O eurodeputado comentou algúns aspectos significativos do funcionamento da Unión Europea e contestou algunhas preguntas do alumnado.
Entre as súas respostas cómpre salientar a defensa que fixo dos políticos como profesionais ao servizo do pobo e da política como ben necesario para a nosa vida diaria (a educación, a sanidade, a economía...).
A súa intención era, sen dúbida, atraer á xuventude cara á política para espertar o seu interese e lograr unha maior implicación pola súa parte: o que eles queiran ser, facer ou ter no futuro deberán defendelo dende agora mesmo.
Para rematar, o alumnado non se esqueceu de sacar o tema da oficialidade do galego, catalán e éuscaro no Parlamento Europeo, ao que Nicolás González respondeu de forma diplomática, como non podía ser doutro modo, mostrando a súa simpatía cara á iniciativa pero indicando as dificultades organizativas que isto suporía na UE.
En definitiva, unha interesante visita que sen dúbida deixará unha impronta no alumado e que agradecemos profundamente, tanto a González Casares pola súa dispoñibilidade e o seu tempo, como a todos os que fixeron posible a súa presenza.