Skip to Content

INTERCAMBIO FRANCIA 2024

Logo da visita do alumnado de Riantec (Bretaña francesa) no marco do programa de intercambio EduExchanges tocoulles ao noso alumnado cercedense devolverlles a visita do 16 ao 23 de marzo 2024.

20 estudantes de 3º e 4º de ESO somerxéronse na cultura e na sociedade francesa durante 8 días descubrindo novos lugares como Vannes, Lorient... e incluso o Monte Saint-Michel en Normandía!

Desexamos que esta experiencia contribúa a súa aprendizaxe, pero tamén a forxar sólidos lazos de amizade.

Agradecemos a participación e a colaboración do alumnado e das familias neste proxecto, e tamén neste podcast, sen esquecer a Pilar e ao coordinador da Radio, Álex, pola súa axuda.

FESTIVAL DA FRANCOFONÍA (VILANOVA DE AROUSA)

O alumnado de 2º e 3º de ESO de Francés participou no XIII Festival da Francofonía celebrado o pasado 7 de maio en Vilanova de Arousa.

Preto de 2000 estudantes de 22 centros de toda Galicia reuníronse nunha nova edición co obxectivo de fomentar o intercambio e a aprendizaxe práctica da lingua francesa.

Máis información | La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa

 

Alumnado de 2º ESO participa na Spring Week

25 alumnas e alumnos de 2º ESO participaron na semana do 29 de abril ao 3 de maio de 2024 na Spring Week en Mondariz. O programa contribue ao desenvolvemento da competencia plurilingüe por ser unha semana de inmersión lingüística en inglés, pero tamén traballa aspectos como hábitos de vida saúdables, responsabilidade medioambiental, respecto á diversidade, etc. a través de actividades deportivas no contexto da natureza e a convivencia con alumnado e profesorado doutros seis centros educativos do mesmo nivel.

Axudas para o alumnado con NEAE

O prazo para solicitar axudas para o alumnado con NEAE está aberto ata o 13 de setembro de 2024.

A solicitude faise a través da sede electrónica.

Máis información | Ministerio de educación e formación profesional 

Alumnado de 5º e 6º de primaria impartiu un obradoiro de foguetes químicos e de auga na final autonómica do CanSat, celebrada en Cerceda

O pasado martes 23 de abril celebrouse no aeródromo "As Gaivotas", en Cerceda, a final autonómica da competición da Axencias Espacial Europea CanSat.

Alumnado de 5º e 6º de primaria, que pertence ao Club de Ciencia e traballa en proxectos de Polos Creativos, foi convidado a participar no evento impartindo un obradoiro de foguetes químicos e de auga o que resultou ser unha experiencia moi enriquecedora, inspiradora e divertida. 

Máis información | Xunta de Galicia

"Tamos" triunfando no "Dígocho eu"

Varios membros do programa "Dígocho eu", da TVG, entre os que se atopaban a súa presentadora Esther Estévez, acudiron o 13 de marzo para proceder á gravación dun vídeo con parte do alumnado de 3º ESO (Noelia Castro, Iria Dubra, Aroa Rey, Olivia Lamas, Celia Bello, James Eghosa, Antía Porto, Saúl Pardo, Reynald Silva e Paula Castro).

O tema proposto foi o uso que se fai do verbo “estar” en Cerceda e a súa comarca, no que se produce unha aférese e queda reducido a “tar”.

O resultado xa está visible nas redes dende o día 3 de abril (tiktok, instagram, facebook...)

 

E está batendo records de visionados tal como se recolle na noticia publicada hoxe en La Voz de Galicia

Excelente traballo!

Podcast "El acoso escolar"

 

 

 

Andriely y Liana,de 3º ESO, abordan neste podcast un tema preocupante: o acoso escolar. Baseándose nos datos publicados na guía sobre o acoso publicada pola CEAPA (Confederación Española de Padres y Madres de Alumnos), tentan dar resposta a cuestións basicas sobre o acoso: quen son os seus protagonistas e  qué consecuencias sufren, que síntomas presentan as víctimas,que pautas de actuación deben seguir as familias,entre outras.

Podes escoitar o podcast no cartafol adxunto.

Tamén podes escoitalo  en Spotify: 

 https://open.spotify.com/episode/3etNsaT0so0w2gApR2RFjl

Distribuir contido


by Dr. Radut