Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2024/2025
Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025.
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2024/2025 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 1 de setembro de 2024.
A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou posteriormente por secretaría virtual ou correo electrónico.
Moitas grazas pola súa colaboración!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude-coidadores-comedor-24-25 | 86.58 KB |
anexoiii-comedores.pdf | 99.53 KB |