Skip to Content

Club de lectura

Club de lectura 2º Trimestre

Este trimestre, seguimos avanzando co noso club de lectura, lendo libros novos en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

En 3º lemos o libro ‘Rapunzel con piollos’, escrito polo Hematocrítico, un famoso escritor coruñés. Esta historia pareceunos moi entretida e divertida, xa que colle un conto clásico para darnos una perspectiva nova sobre os problemas da princesa. Neste conto aparecen distintos personaxes de contos clásicos tratando de solucionar o problema de Rapunzel, así que nos animámonos a pensar como o farían os nosos personaxes de series, películas e videoxogos favoritos.

 

En 4º de Primaria lemos o libro ‘Agus y los Monstruos: Llega el Sr Flat’’, o primeiro dunha saga de libros. Nesta historia coñecemos a Agus, un neno moi normal que descobre o amor pola lectura gracias ao Sr Flat, un monstruo que chega a súa vida por sorpresa. Por isto mesmo, quixemos investigar un pouco mais acerca do autor e da ilustradora, Jaume Copons y Liliana Fortuny. Por isto, vimos un video que nos enviaron os mesmos autores, xogamos ao xogos da súa páxina web e decidimos participar no concurso de monstruos da saga. Desexádenos moita sorte!

 

En 5º de Primaria o libro escollido foi ‘’Contos por teléfono’’ do autor Gianni Rodari. Este libro, de historias curtas, sen relación entre elas e moi divertidas suscitou diversas opinións entre os estudantes, xa que a moitos nenos/as gustoulles, pero outros non conseguiron engancharse. A actividade que fixemos, creouna tamén o autor, Gianni Rodari, e chámase o binomio fantástico. Consiste en crear historias, usando dúas palabras que non teñan ningunha relación entre elas. As historias que creamos, por grupos, foron moi divertidas e despois de compartilas puidemos disfrutar dun pequeño premio pola nosa participación.

 

Finalmente, no curso de 6º de Primaria, adentrámonos no mundo dos mangas lendo o libro ‘Komi-San no puede comunicarse’. Esta historia fala de Komi, unha nena moi popular, pero que e incapaz de falar cos seus compañeiros/as debido ao medo escénico. Por isto, pide axuda a Tadano, que pouco a pouco consegue acercala ao resto. Esta historia, que reflexiona sobre a timidez, as dificultades e inseguridades para relacionarse entre os adolescentes, e as amizades mais alá dos roles sociais. Como actividade, este trimestre, fixemos uns marcapáxinas usando imaxes do manga por un lado, e o noso nome en xaponés polo outro.

Clube de lectura 6º

Neste primeiro trimestre decidimos ler un libro de fantasía, escrito polo famoso Roald Dahl. O libro, chamado ''Las brujas'' trata sobre un neno e a súa avoa, que tratan de descubrir e frenar os plans das bruxas de toda Inglaterra. Unha das cousas que mais nos chamou a atención deste libro, foi o feito de que en ningún momento coñecemos o nome do protagonista ou da súa avoa. Na charla sobre o libro, tamén falamos da súa adaptación a película, xa que algún neno se animou a vela pola súa conta. En xeral, foi un libro que nos gustou, agradable de ler e divertido.

Tras falar un pouco sobre a historia, fixemos un kahoot, donde os nenos tiñan que responder preguntas sobre o libro. A competición estivo moi reñida, pois todos/as tiñan bo recordo da historia. Marchamos a casa con boa sensación e algún que outro regalo.

Clube de lectura 5º

Este trimestre, dende o club de lectura, decidimos ler unha obra de ciencia ficción. O libro, titulado ''La nave fantástica'' do autor Jordi Sierra i Fabra, fíxonos temer que no núcleo da nosa terra houbese uns aliens que controlan o destino da Terra. Os nenos/as tiveron boas e malas impresións deste libro. Entre as boas, destacamos que foi moi entretido de ler, que a historia e orixinal ou que ten moita acción. Polo outro lado, moitos participantes lamentaron a ausencia de mais personaxes, e tamén de personaxes femeninas.

Tras facer unha pequena conversa, fixemos unha pequena competición en forma de Kahoot. Os nenos/as puxeron a proba os seus coñecementos sobre o libro neste xogo en formato quiz. Pasámolo moi ben, e a moitos serviulles para darse conta de pequenos detalles do libro que pasaran por alto. Os tres primeiros puideron elexir os regalos que levaban antes que os demais. Esperamos que disfrutárades moito do clube de lectura.

Clube de lectura 4º

Durante este trimestre, as nosas alumnas do clube de lectura de 4º de E.P. estiveron lendo o libro ''O misterio dos fillos de Lúa'', da nosa autora patria, Fina Casalderrey. Cando fixemos a reunión todas estivemos dacordo en que o libro fora moi entretido de ler, e moi divertido, pese a que non contaba moito. A historia, narrada dende o punto de vista dun neno, que quere descubrir quen rapta aos fillos da súa gata Lúa, e moi cotiá, contándonos o día a día na aldea dun neno, a súa familia e a súa amiga Blanca.

Como non podía ser doutra forma, decidimos que queriamos decorar uns gatiños, como os fillos de Lúa, así que imprimimos uns cantos na impresora 3D e pintámolos con pintura acrílica. Este foi o resultado, e cada unha puido levar o seu gatiño a casa.

Club lectura 4º

Clube de lectura 3º

Como cada ano, comezamos un novo clube de lectura no curso 2023/2024, esta ano coa incorporación dos nenos e nenas de 3º de Primaria. O alumnado de ambas clases estivo moi motivado con esta actividade, xa que o libro que mandamos ler: ''Perrock Holmes y el scape room imposible'', tivo unha gran acollida. 

Comezamos falando sobre o libro, dando liberdade aos nenos para comentar a súa opinión, que en xeral foi positiva. Moitos nenos/as consideráronno un libro moi divertido, e quedaron con ganas de seguir lendo esta saga. Falamos tamén da relación entre os irmáns protagonistas, e de que moitas veces queremos aos nosos irmáns e irmás, aínda que nos pelexemos con eles/as.

Por último, fixemos un scape room na biblioteca, donde o alumnado tiña que atopar tres números, resolvendo puzzles, encrucillados e xeroglíficos. Pasámolo moi ben, e os/as participantes tiveron un pequeno premio ao acabar a proba. Esperamos con moitas ganas o clube de lectura do seguinte trimestre.

 

 Club lectura 3º

DESPEDÍNDONOS

Esta tarde foi a reunión de peche do noso club.

Como era un día especial decidimos cambiar un pouco a dinámica habitual e fomos todos xuntos comer ao Auditorio.

Hoxe pouco comentamos do manga correspondente, Black Butler de Yana Toboso, que en xeral non gustou moito: o protagonista era “raro”, dicían.

O que si fixemos foi aproveitar para despedirnos: por unha banda, o alumnado de 4º ESO rematou o seu ciclo no CPI; e por outra, varios dos membros máis activos marchan do centro. Unha lástima! Desexámoslles a todas moita sorte nesa nova etapa.

Como broche final cada membro do club recibiu un agasallo: unha bolsa, unha camiseta e -como non?- un libro, que nos achegaron dende a SELIC (Semana do libro de Compostela). Moitas grazas!

Así pois, pechamos un curso cheo de experiencias, de risas, de amizade e, sobre todo, de LECTURAS.

PERDENDO A INOCENCIA

Os rapaces e rapazas de 5° e 6° leron o manga, The promised Neverland, que trata dun orfanato que non é o que parece: os protagonistas tratarán de escapar deste sitio. Centrámonos en falar de crecer e perder a inxenuidade, como os protagonistas. Despois fixemos unha busca do tesouro onde pasamos distintas fases. A primeira, responder un encrucillado con preguntas do manga. A segunda, descifrar unha mensaxe, usando un código secreto. A proba final foi encontrar na sección de manga unha mensaxe oculta con luz ultravioleta.

Distribuir contido


by Dr. Radut